off
Europa, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 7 Abril, 2017 at 6:47 a.m.

ETA di na BBC ter entregado armas, mas adverte que o proceso “non terminou”

by

O 17 de marzo os mediadores comunicaran no xornal francés “Le Monde” que o  8 de abril ETA realizaría o seu desarmamento total.

ComunicadoETA-BBC_ollaparo
Comunicado da ETA a través da BBC

O lehendakari Urkullo afirma  que “ainda non toca falar” e que non haberá declaracións até confirmación do desarmamento  

A banda afirma que comezou a loita armada “polo pobo basco” e que agora “deixa as armas nas súas maos” . Porén, alerta que o proceso “non está acabado” e advirte dos posibeis ataques perpetrados polos “inimigos da paz”. Non será un proceso linear. Na entrega, marcada para este sábado,  o o Comité Internacional de Verificación recebiría un mapa da localización dos seus últimos depósitos de armas sob a coordinación do cingalés Ram Manikaningam, para que este o transmita á Xustiza francesa.  O ministerio público analisará se o depósito de armas pode conter probas ou evidencia que poderian clarexar algúns asasinatos. A decisión da Audiencia Nacional adoptouse dous dias antes da data límite marcada polos mediadores escolleitos pola ETA para que a organización entregue as armas.

 

 

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off