off
Cedeira, Educación, Política local — 3 Abril, 2017 at 06:52

Comeza o programa de envellecemento activo de Cedeira

por Redacción

 A programación que comeza este luns,  estende o seu tempo de duración – en total serán seis meses- e chegará a máis parroquias


[Pingota Comunicación] As actividades do proxecto Envellecemento Activo promovido polo Concello de Cedeira entre as persoas maiores comezan este luns con dúas das tres convocatorias pensadas para a presente tempada. A programación amplía o seu tempo de duración- en total serán seis meses- e chegará a máis parroquias. As clases de zumba -que foron moi demandadas polo colectivo- e o obradoiro de memoria son as primeiras en dar comezo.

Os luns, martes e xoves a sala Áncora acollerá as sesións de zumba -a partir das once da mañá-, mentres que a relativa á memoria terá carácter intinerante. Así, os martes -ás 17,15 horas- e os xoves -as 16.00 horas- o obradoiro impartirase no centro social de Esteiro, e os martes e mércores, a partir das catro da tarde, trasladarase a Sisalde.

Na parroquia de Montoxo a actividade terá lugar os martes e xoves, ás 17.15 horas, e na de Santalla tamén será os martes e xoves, pero despois das 18.30 horas. No caso da vila, o programa impartirase os luns e venres en dúas quendas, ás 16.00 e 17.30 horas.

A terceira actividade, segundo adiantou a concelleira de Servizos Sociais, Manuela López, será a ximnasia terapéutica e as sesións darán comezo nos próximos días. López estimou que a participación total desde ano superará as cen persoas.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: