off
Cedeira, Política local — 31 Marzo, 2017 at 7:20 a.m.

O plenario de Cedeira aprobou unha moción instando á Xunta a seguir os pasos da Deputación no reparto das axudas

by

[Pingota Comunicación] A corporación municipal aprobou onte por maioría (abstívose o PP) a moción presentada polo equipo de goberno (PSOE, BNG e Anova) pola que se insta á Xunta a que, seguindo os pasos da Deputación da Coruña, transfira directamente ao Fondo de Cooperación Local os recursos que o executivo galego destina aos concellos. E como principal argumento a petición fundaméntase na transparencia e obxectividade. Así, na moción se recolle que, alén de de simplificar as fórmulas de cooperación, de contar cunha previsión firme na achega provincial e de rebaixar a sobrecarga de traballo do persoal dos concellos, o Plan Único da Deputación atinxe a distribución de fondos con criterios obxectivos (criterios POS), avanza na transparencia do reparto e permite que os concellos teñan un marco referencial da achega total que percibirán da institución provincial, segundo o contido recollido no texto aprobado pola corporación. Na moción tamén se di que o modelo provincial non esixe ás administracións locais o cofinanciamento dos proxectos, como si o fan os plans finalistas, mentres que si lles ofrece un mecanismo para sandar as súas contas públicas e facilítalles a posibilidade de rebaixar os periodos medios de pago ás empresas.

Por todas estas razóns, a corporación de Cedeira entende que co referido Plan “a Deputación da Coruña está a marcar un novo camiño para outras administracións no ámbito da cooperación local” e, como exemplo, se salienta un dato comparativo. Así, mentres que a Deputación destina inicialmente ao Plan único 74 millóns de Euros para os 93 concellos da provincia (que ao final do exercicio 2017 prevese que poida alcanzar a cifra de 100 millóns), a Xunta de Galicia só achega 120 millóns ao Fondo de Compensación Local para os 313 concellos galegos. Por outra banda, na sesión de onte, que tiña carácter ordinario, a corporación aprobou o proxecto técnico para a dotación dos parques infantís da rúa Ortigueira e paseo da Madalena.

Tamén se fixouso da sesión para dar conta da entrada en vigor do orzamento e do catálogo de postos de traballo 2017. O plenodeulugar a unhapregunta por parte dos representantes do PP para coñecer os motivospolos que o equipo de goberno non presentou a moción de Podemosrelativaásentenza do Tribunal Supremo que obrigaásempresaseléctricas e de gas a pagaraosconcellospolautilización do dominiopúblico de súasinstalacións para o transporte de enerxía. Na súaresposta, o gobernoinvitouaos populares a que a presenteneles.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off