off
Galiza, Teatro — 29 Marzo, 2017 at 8:09 a.m.

XXI edición dos Premios María Casares no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

by

Este mércores o Teatro Rosalía de Castro acolle a XXI edición dos Premios María Casares, aos que optan 13 finalistas dun total de 44 espectáculos apresentados e  por volta de 400 profesionais.  


O concelleiro de Culturas do Concello da Coruña, José Manuel Sande  e a vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Mabel Rivera, presentaron esta edición acompañados do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic,  a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o actor Pepo Suevos, que será o presentador da gala.Mabel Rivera insistiu en que cómpre “colaborar entre todos” para que a actividade teatral  sexa “todos os días do ano”.

O evento será retransmitido en ‘streaming’ a través da páxina web da TVG e en diferido pola canle nacional a partir das 23,45 horas.

Sande subliño que o goberno coruñés  está “pola creación e as artes escénicas”, entanto Sanmartín, vicepresidenta provincial, subliñou a  “efervescencia cultural” do país. Alén diso, defendeu a necesidade de “diálogo” entre as administracións e as industrias do teatro pondo como exemplo aa Rede Cultural da Deputación. O responsabel do Agadic cualificou estes premios de “fundamentais” como “incentivo profesional e para dar visibilidade ao teatro galego”.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off