off
Europa, Movementos sociais, Politica internacional — 28 Marzo, 2017 at 7:30 p.m.

O Parlamento escocés pide un segundo referendo para a independencia

by

Londres insiste na imposibiliade de celebrar a consulta entanto se negocia o Brexit


Con 69 vots a favor e 59 en contra, a cámara empraza a  Sturgeon a acordar con Londres unha segunda consulta.O Parlamento escocés autorizou esta segunda-feira á primera ministra, Nicola Sturgeon, pedir a Londres a organización dun segundo referendo de independencia após o de setembro de 2014, cando o non á independencia impúxose por dez puntos. A encomenda aprobouse a véspera que Londes active o procedimento do Brexit, e tivo o apoio dos 63 deputados do Partido Nacional Escocés (SNP) e os 6 deputados dos Verdes. Londres vén de invocar  artigo que enceta o proceso de rutura coa UE após 43 anos.

Londres non quer negociar

O cámara británica afirmou que non haberá negociacións para este segundo referendo, argumentando que sería “inxusto” para os escoceses “tomar unha decisión sen informacións cruciais necesarias sobre o noso futuro relacionamento coa Europa”

Ainda que a “premier” britànica insistiu que “non és o momento” , Sturgeon acredita que o calendario co que traballa o goberno de Teresa May, que prevé definir os termos do Breixit de aquí a 18 meses,  concorda co seu roteiro.Alén diso, Sturgeon alertou que Londres non pode “impor” o futuro dos escoceses.  A ministra principal confia poder celebrar o referendo antes da primavera do 2019.

A  primeira ministra escocesa subliñou que “as condicións do 2014 mudaran”. O mes de xuño o  62% dos escoceses votaran continuar dentro da  UE.

 

One Comment

  1. O Brexit illa a Escocia de Europa. Co Brexit Escocia está nas mans de Inglaterra. Téñenno moi complicado. Por iso May di que non negocia nada.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off