off
Cedeira, Educação — 28 Marzo, 2017 at 7:41 p.m.

Comezan as xornadas de seguridade vial na Escola Nicolás del Río

by

seguridade-vial-xornadas[Pingota Comunicación] Os alumnos de cuarto e quinto de Primaria da escola Nicolás del Río de Cedeira foron os primeiros en participar nas xornadas de Seguridade Vial organizadas polo Concello coa colaboración do equipo de Seguridade Vial do Concello de Narón. A iniciativa, na que van participar a totalidade do alumnado do centro (453 rapaces), terá continuidade os próximos días con actividades específicas para cada treito de idade. Hoxe mesmo, mentres que os nenos de Primaria (de 9 a 11 anos) facían uso do circuíto habilitado no recinto escolar, os máis pequenos asistían, pasadas as doce e media do mediodía, a unha sesión de contacontos. En ambos os dous casos, o obxectivo era o mesmo: “que os pequenos tomen contacto e aprendan a circular como peóns e futuros condutores” segundo explicou o concelleiro de Educación, Robustiano Labraña.

Esta aprendizaxe desenvólvese nun completo circuíto que instalado no recinto escolar que permite demostrar aos máis novos como se deben respectar a señais de tráfico, o uso correcto do cinto de seguridade e a circular como peón ou condutor de bicicleta. Carros de pedais, bicicletas, sinais verticais, entre outros equipamentos, axudan aos rapaces a meterse nun papel que afectan á convivencia. O punto de partida desta convocatoria comezou a semana  pasada coa celebración de palestras informativas e o reparto de material cedido pola Fundación Mapfre por parte da Policía Local. Todas as actividades desnevolveranse en horario lectivo. Neste sentido, Robustiano Labraña afirmou que “a iniciativa responde á necesidade de suplir a falla de materias que agora non están contempladas na educación reglada”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off