off
Cedeira, Meio ambiente — 21 Marzo, 2017 at 8:00 a.m.

O goberno cedeirense envia unha queixa á conselleira de Medio Rural por non ter sido convidado á plantación do Horto de Semente da Braxe

by

[Pingota Comunicación]  O goberno de Cedeira (PSOE, BNG e Anova) sentiuse  agraviado pola conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, por non ter sido avisado e ficar á marxe do acto de plantación simbólica de 30  castiñeiros que tivo lugar no Horto de Semente no monte da Braxe  con motivo do Día Internacional dos Bosques. O monte da Braxe, na Serra da Capelada e propiedade da Xunta, atinxe un total de 145 hectáreas, das que 100 están arborizadas, 10 a pastaxes e 35 a mato. Desde 2008 A Braxe tén un sementeiro MFR (Material Forestal de Reproducción) de categoría controlada azul de Pinus Pinaster con pés acadados a través de selección xenética

Porén, este Horto da Semente no que a Xunta traballa só está dirixido a seleccionar exemplares de piñeiros  (pinus pinaster) e non de árbores autóctonas como o castiñeiro ou o carballo. Os ingresos de venda de madeira de piñeiro son para a Xunta de Galicia, administración xestora e propiera das masas forestais e do próprio monte.

Nesta dirección vai o escrito que os representantes das tres formacións van dirixir á representante da Xunta de Galicia. Nel recóllese que “a conselleira cando realiza unha visita institucional entendemos que o mínimo que debe de facer é poñerse en contacto co Concello, xa que o que non vai neste sentido pódese interpretar non como un acto institucional senón como propaganda política”. O equipo de goberno continúa dicindo que “para este goberno sería moi relevante aproveitar a súa visita para poder tratar asuntos tales como o saneamento das vacas da Capelada, a xestión da crise da pataca ou o pésimo estado das pistas da Capelada”, alén de asinalar que todas estas cuestións son situacións que preocupan á veciñanza.

Queixas da comunidade educativa

Os gobernantes tamén  reflicten as queixas apañadas entre a comunidade educativa cedeiresa, á que se fixo unha convocatoria urxentísma e tramitada durante a fin de semana para “anunciarlles a súa visita coa pretensión de que enchan un autobús de escolares que a acompañen”. Hoxe mesmo, ás nove da mañá, os pais e nais estaban asinando as preceptivas autorizacións. “Semellante cúmulo de despropósitos e con tantas institucións e persoas afectadas, nomeadamente o alumnado preparado para a saída”, di o equipo de goberno, merece algunha desculpa pola súa parte, para concluír pedindo que feitos deste tipo non se repitan no futuro.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off