off
Cedeira, Meio ambiente — 21 Marzo, 2017 at 7:48 a.m.

Medio Ambiente organiza unha charla sobre asesoramento enerxético para o próximo xoves

by

[Pingota Comunicación] Coñecer como está estruturada a factura da luz e saber facer reclamacións diante das compañías comercializadoras de electricidade son só dous dos contidos que se abordarán na charla sobre asesoramento enerxético organizada pola concellería de Medio Ambiente de Cedeira para o próximo xoves. A sala Áncora acollerá esta actividade, de entrada libre, a partir das oito da tardiña. O Concello conta coa axuda da Axencia da Enerxía, dependente da Deputación da Coruña, para a celebración dun acto que correrá a cargo dunha técnica da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC). Tramitación de axudas e mercado libre e regulado das tarefas eléctricas son outros dos temas previstos.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off