off
Cinema, Galiza — 14 Marzo, 2017 at 1:43 p.m.

IV Mostra de documentais en galego no Ateneo Ferrolán

by

A  IV Mostra  decorrerá o vindeiro xoves 23 de marzo de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán e a entrada será de balde.


A mostra ,que naceu no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentários en galego,  chega á súa IV edición coa escolla e visionada dos seguintes filmes:

  • 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário. [37′] Gravado no ano 2014 e editado no 2016.  Este documental é un proxecto colectivo e amósanos a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida.
  • O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao. [28′] Gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. O documental lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo). O documental trata da súa resistencia no tempo, xa que primeiro tivo que loitar contra a opresión da ditadura e a igrexa e na actualidade contra o despoboamento que sofre o rural no interior de Galicia. Antes celebrábase en moitas parroquias das ribeiras chantadinas mas na actualidade só resiste no Moredo.
  • Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria. [34′] Gravado no ano 2016 baixo a dirección de Óscar Quant e coa colaboración de Xende López na producción e de Juanpa Ameneiros na gravación e na edición. O documental recolle os dez primeiros anos de historia da Rádio Filispim, a Radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off