off
Cedeira, Mar e Pesca — 14 Marzo, 2017 at 8:42 p.m.

Rescatados os mariñeiros do pesqueiro O Busi incendiado a 12mn ao NW de Cedeira

by

Os 8 mariñeiros foron resgatados a salvo nunha balsa  polo Helimer 215


Foi a propia tribupación de O Busi, o volanteiro do Alex, xoven mariñeiro cedeirense, quen alertou a Salvamento Marítimo contras das  17,55 horas, comunicando un incendio na sala de máquinas. O Helimer 215 achegouse a zona xa que estaba  realizar exercizos perto de A Coruña. Ás  18,19 horas o helicoptero fitou oito mariñeiros nunha balsa e rescatounos, informando que o pesqueiro  estaba engolido polas chamas. Malia mobilizarse o Salvamar Shaula con base en Cariño non se precisou da súa axuda, ainda que continuaba na zona xunto co remolcador Sar Gavia a comprobar a situación do barco xa que este non afundiu no momento do rescate. Construido en Catoira o ano 2001, O Busi ten unha eslora de 20,55 metros.

www.marinetraffic.com_o-busi_OLLAPARO
Posición de O Busi segundo o localizador de Marine Traffic

IMG-20170314-WA0010

o BUSI_SHIPSPOTTING
Foto: José Ricardo Rodriguez Montero. Shipspotting

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off