off
Feminismo, Galiza, Historia, Movementos sociais, Politica espanhola — 14 Marzo, 2017 at 10:39 a.m.

A Represión do Estado Español en Ferrolterra contra 1918

by

A Sociedade Cultural Medulio,  organiza este martes, día 14, ás 19.30h no Antigo Hospicio de Ferrol unha palestra a cargo de Anxel Rial e Francisco Rodriguez sobre a represión desatada contra as clases populares da comarca, con asasinatos de mulleres, homes e nenos, por protestar contra a carestía da vida e o imposto de consumos a comezos de marzo de 1918.

Este acto, como outros organizados  pola Medulio en Sedes – Narón, teñen como obxectivo recuperar a nosa memoria histórica e preparar, co gallo de se cumprir o centenario de aqueles sucesos o próximo ano, unha adecuada homenaxe aos nosos antepasados, moi en particular ás mulleres, que loitaron, contra todo medo e represión, por termos unha vida digna.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off