off
Galiza — 13 Marzo, 2017 at 6:20 p.m.

O xuiz do accidente de Angrois imputa por 80 homicidios o ex-xefe de seguridade de Adif

by

O Tribunal Superior de Galiza confirmouno nun chio de Twitter despois de notificar  ás partes implicadas o titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, Andrés Lago.  O caso fecharase co maquinista como único imputado que acabou libre con cargos


O xuiz que instrue a causa polo accidente do Alvia en Angrois  en xullo de 2013 decidiu dirixir a investigación contra a Andrés Cortabitarte,  na altura chefe de seguranza de ADIF, como presunto responsabel dos delitos de homicidio i lesións por imprudencia grave. Até o momento o xuiz nega determinar novas dilixencias alén da imputacón do ex-chefe de seguridade de ADIF.

O xuiz determina que Cortabitarte “non cumpriur” coa súa responsabilidade de análise de riscos na liña da alta velocidade entre Ourense e Compostela, ao non “ordenar ningunha medida para avaliar e xestionar o risco”…”xerando unha situación de ristco que acabou en descarrilamento costándolle a vida e a saúde a moitos usuarios. Recoñece o xuiz que a curva do accidente” representaba un risco en si mesma, mais subliña que “este risco fora detectado” pola própria UTE –Unión temporal de empresas, que tiña a encomenda de construir a infraestructura- e por INECO, a consultora ligada ao Ministerio de Fomento.

Accidente-tren-Angrois

Do que deduce e lamenta que que Adif  non fixera nada por avaliar e reducir o risco de acordo coas exixencias da normativa. “Todos cumpriran co seu deber agás quen tiña a capacidade de decidir como xestionar o risco de descarrilamento na curva por exceso de velocidade que ao cabo foi causa directa e inmediata do resultado”, afirma.

A Audiencia de A Coruña reabriu a pescuda en maio de 2016 para seguir investigando varios feitos expostos polas probas periciais que  incidian nas eivas de seguranza da via. Agás o maquinista que acabou libre con cargos, o resto de membros do consello de administración e técnicos de Adif foran desimputados polo descarrilamento.

Nesta segunda xeira de pescudas, o xuiz instructor baséase nos últimos informes periciais achegados á causa, nomeadamente o elaborado polo enxeñeiro César Mariñas, considerado o único técnico independente que determinou que non se fixera análise integral e que de terse feito, o perigo na virada de A Grandeira teria sido “máis que evidente”.


Ao mellor tamén che interesa:

O BNG pide a dimisión da ministra Pastor logo de coñecerse o demoledor informe sobre o accidente de Angrois

O segredo está na masa

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off