off
Galiza, Movementos sociais, Traballo — 10 Marzo, 2017 at 8:28 a.m.

10 de marzo: Día da Clase Obreira Galega

by

O Dia da Clase Obreira Galega  nun momento no que o  Estado español é o único caso no que a suma dos salarios da clase traballadora descendeu nestes 6 últimos anos preto dun 11%, malia subiren no resto da UE   por encima do 9% nos casos de Alemaña e Francia e do 4,45% en Portugal


A reforma laboral do ano 2012  está a devalar  dereitos laborais. A precariedade actual  substánciase na  facilidade outorgada ao despedimento, a contratación temporal, parcial, as ETT. O que permite que as empresas obriguen a traballar máis horas sen pagar e baixen ilegalmente os salarios dos convenios. Porén, o obxectivo da reforma laboral do  PP, que agora non ten maioría no Parlamento, continua a ser procurado cos seus novos parceiros con leis que atacan dereitos laborais básicos e que profundizan a  explotación dos traballadores e traballadoras até ameazar as súas pensións.

A CIG convocou esta tarde oito manifestacións en Ferrol, Vigo, A Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía baixo o lema “2017, un ano de loita. Recuperemos os nosos dereitos”. CCOO celebrará o seu acto central en Ferrol, cunha manifestación as 19 horas (mais a tradicional ofrenda floral ás 11 horas).

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou mobilizacións en todas as comarcas:

-Vigo: manifestación dende o cruce da Dobrada ás 20.00 horas.

-Ferrol: ofrenda floral no monumento 10 de Marzo ás 12.00 horas e manifestación dende o local da CIG (Avenida de Esteiro) ás 20.00 horas.

-Lugo: manifestación dende o local da CIG (Ronda da Muralla) ás 20.00 horas.

-Ourense: manifestación dende a Subdelegación do Goberno ás 19.30 horas até a Praza Maior.

-Vilagarcía: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 horas.

-Pontevedra: concentración na Praza da Peregrina ás 20.00 horas.

-Santiago: manifestación dende a Praza Roxa ás 20.00 horas.

-A Coruña: manifestación dende a fábrica de Brens (Cee) ás 19.30 horas até a Praza do Concello.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off