off
Editorial, Feminismo, Movementos sociais — 8 Marzo, 2017 at 10:34 a.m.

Imaxinar a plena igualdade

by

O feminismo máis activo intervén nun  mundo globalizado que fica ben lonxe de ser homoxéneo. Mas non é posibel debullarmos a dimensión democrática radical do feminismo se este non olla alén Occidente xa que pouco mundo hai no que as mulleres, alxemadas a unha condición de abandono, sexan seres humanos de pleno dereito: India, Arabia Saudita, Emiratos, etc. Un mercado global capitalista que obriga a competir cando maioria das mulleres adican tempo de traballo doméstico entanto as masas subproletarizadas do resto do mundo fan xornadas de máis de 12 horas por 6 euros. Ao cabo, como ten demostrado Immanuel Wallerstein, a cousificación da muller polo sexismo non é mais do que súa conversión en ser improductivo  na configuración da unidade doméstica patricarcal. Encanto excluido do contrato social, a muller derivou en entidade non -existente (Lacan) dentro dun sistema patriarcal que supervalora a virilidade e, portanto, a maioría dos homes. Ainda que a posición subordinada que ocupan as mulleres na sociedade patriarcal e androcéntrica na que vivimos é anterior ao capitalismo histórico, foi co racismo e co sexismo como o capitalismo fixo da instrumentación de xénero unha razón estructural da súa reprodución mundial.

Encanto as mulleres non teñan os mesmos dereitos cá os homes só se pode ser feminista 

No actual presente globalizado e postmoderno, tanto mulleres coma homes expresan dificultades para coinciliar, sobretodo entre os 30  e 40 anos, mas son elas as sofredoras das consecuencias e  quen son penalizadas.  Por iso cómpre que os homes se revolten colectivamente naqueles espazos de poder onde houbo alguns avances cara sociedades mais igualitarias. É responsabilidade dos homes ceibarse do xugo patriarcal desafiando o Nome do Pai (Kristeva), ensaiando formas de recoñecemento, deixando de ser uns devotos cousificadores. Nomeadamente cando nos últimos anos constatouse que a cousificación da muller en vez de recuar acadou novo pulo.

Porén, non hai territorio no que as mulleres non arelen mais do que teñen. A discriminación secular, alimentada de xeito esencial no capitalismo histórico, tén sen dúbida unha orixe que comeza nas estapas pre-verbais, desde o nacimento,  e través da adquisición dunha linguaxe que ainda non sendo totalmente masculinista, racionalista e patriarcal privou ás mulleres de ouvir a súa voz . Non é por acaso que nos paises onde baixa  a natalidade sexan tamén, para alén doutros marcadores como a emigración e precariedade, onde a maioria das mulleres teñan estudos secundarios. De feito, os espazos de resistencia e a presenza pública das mulleres continua sendo rexeitada por determinadas persoas, pola cultura sexista na pantalla e nos estereotipos femeninos creados polos medios  e en moitas sociedades alén Occidente.

Contodo, o que se tornou cada vez máis evidente neste tempo que nos toca vivir é que o o chamado emponderamento que vén de brazo dado do neoliberalismo, da autoexplotación individual e de cursiños de autoconfianza que o mercado exixe só sirve se é colectivo, como colectivo é o poder de xénero que conformou ao próprio  patriarcado. Porque as palabras non son apenas palabras, precisamos persuadirnos, convencernos e seducirnos de que, en palabras de Judith Butler, podemos dar conta de nós mesmos, instándonos a crear novas formas de subxectividade, formas que rexeiten as oferecidas polo Estado e  estructura de poder vixente, mesmo ignorando o que un é ou poida ser.

One Comment

  1. A foto é perfecta.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off