off
Cedeira, Meio ambiente, Saúde, Urbanismo — 3 Marzo, 2017 at 7:55 a.m.

Actuación de mellora na limpeza do Rio Condomiñas

by

[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira mellorará a intervención que Augas de Galicia está levando a cabo no río Condomiñas con cargo ao programa de mantemento e mellora do dominio público hidráulico dos ríos. Así, a limpieza que días atrás deu comezo na zona do Punto Limpo para máis adiante continuar en dirección á ponte da Acea, completarase coa que o goberno prevé acometer ao longo de 300 metros máis de canle augas arriba. En ámbolos dous casos, as actuacións previstas consistirán na retirada de árbores e polas caídas na canle e as marxes do río, así como na limpeza de entullo vexetal e de madeira morta. Tamén se levará a cabo o desbroce selectivo en zonas nas que exista abundancia de mato. Desde o Concello demandouse de Augas de Galicia a cerna dos ameneiros de gran porte que están secos e que poden representar un perigo para as persoas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off