off
Movementos sociais — 2 Marzo, 2017 at 10:31 a.m.

Un xuiz prohibe circular o bus transfóbico “Hazte Oir”

by

 Segundo o argumentario do xuiz a mensaxe do autobus pode lesionar a dignidade dos transsexuais. A decisión chega após a fiscalía de Madrid pedir na terza-feira  a súa inmobilización de xeito cautelar por presunto delito de odio e alteración da paz pública


Un xuiz do xulgado de instrución número 43 de Madrid vén de prohibir cautelarmente a circulación do autobús Hazte Oir até que retire a mensaxe contra o colectivo transsexual. Nas paredes do vehículo lese, de banda a banda, “Los niños tienen pene, las niñas tienen vulva. Que no te engañen. Si naces hombre eres hombre, si eres mujer, seguirás siéndolo”. O xuiz acha que esta mensaxe “non se limita a expor” o ideario do colectivo, mas diríxese a persoas cunha orientación sexual “diferente” para lesionar a súa “dignidade”. Hazte Oír pode interpor agora un recurso. A ultracatólica asociación que promoveu o bus explican que combaten a “ameaza” de que nas escolas “obrigan a introducir” a diversidade sexual promovendo “modelos de comportamento lésbico, gai, bisexual, transsexual, transxénero,  intersexual”.

A plataforma Change.org  acolleu unha campaña nas redes sociales reclamando a  retirada inmediata do autobús transfóbico infantil. Arestora, a asociación ultracatólica anunciou que estuda pór unha querela contra o  concello de Manuela Carmena por prevaricación.  O autobús tiña previsto chegar maná a Cataluña e o Govern da Generalitat xa abrira un expediente para comprobar se vulnera a lei contra a homofobia.

As persoas  ao servizo da lei, e non a lei ao servizo das persoas

Inaudita tentativa a de ir polas rúas de bus para explicarlle á cidadanía as leis da bioloxía ou calquera outra lei. Non vaia ser que o que veñen a dicir é que se naciches neno con pene es un neno porque o dí o DNI, quer dicer, que a fin do conto veña a ser o sacrosanto cartón de identidade que desde o paraiso levamos cosido á pel. Quer dicer, que se naciches nena mas tés pene, pois a foderse, a aturarse, e se estás reprimido, deprimido e agochado, pois a sucidarse toca porque os sentimentos e a dignidade non contan. Porque o único que parece contar para Hazte Oir son persoas ao servizo da lei, e non a lei ao servizo das persoas.


Para saber máis:

Entre o transfeminismo idealista e o feminismo radical: crítica para uma correta perspetiva do género

One Comment

  1. O final do artículo saleuche do corazón. Moi bo.

Deixa unha resposta a XoséCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off