off
Galiza, Movementos sociais, Opinión, Política — 2 Marzo, 2017 at 07:42

Auga pública xa!

por
plataforma_remunicipalización_artabria21_OLLAPARO

Foto: Artabria 21. Membros da Plataforma pola Remunicipalizacion na rolda de prensa do 20 de febreiro na casa do Concello de Ferrol,

A auga e o saneamento son  esenciais para a vida e deben considerarse como un ben común e un dereito humano básico, polo que esixe un modelo de xestión que non se subordine  á obtención de beneficio privado e  que garanta a calidade do servizo, a eficacia, a solidariedade, a equidade, a transparencia, e o control democrático dos operadores dos servizos de auga e a conservación dos ecosistemas acuáticos. Este modelo só pode ser garantido plenamente  a través da xestión 100% pública do ciclo integral da  auga.

Nos últimos anos  os servizos da agua  transformaronse en negocios privados, ben a través da concesión do servizo a empresas privadas, a cambio de que estas paguen o chamado canón concesional, ou ben mediante a constitución de empresas mixtas, de natureza público-privada, que comporta sempre a asunción de responsabilidade  por parte da entidade pública e dos beneficios para o socio privado como ocorre no caso de Emafesa.
a veciñanza non pode aceptar que quen nos estafou e enganou  coa depuradora e co cobro dun servizo que non se estaba prestando, desde agosto de 2014 a  setembro de 2015 ,  sexan agora os que xestionen o servizo de depuración.
En ambos os casos o accionariado privado exerce a xestión do servizo, monopolizando a información e asegurándose a competencia exclusiva da xestión da sociedade e en particular, das subcontratacións, contratacións e compras. Todo isto fai que desaparezan así os concursos públicos e  asegúranse grandes gaños, tanto por compravenda de bens e servizos a empresas do seu propio grupo (mediante adxudicacións directas) como pola utilización dos medios públicos da concesión para traballos particulares do propio concesionario como é o caso de Ferrol, coa ignorancia do propio concello. Recordemos que as analíticas na chamada “críse da agua” fixeronse entre valladolid e Castellón estando a cidade tres días sen auga.
En Ferrol, despois da chamada “crise dos trihalometanos”, a veciñanza non pode aceptar que quen nos estafou e enganou  coa depuradora e co cobro dun servizo que non se estaba prestando, desde agosto de 2014 a  setembro de 2015 ,  sexan agora os que xestionen o servizo de depuración.  Sabemos que é imprescindíbel para a nosa ría que empece canto antes o seu saneamento, pero tamén sabemos que non podemos hipotecar máis o futuro con Socamex-Urbaser que foron os que nos teñen cobrado por servizos inexistentes. Por iso reclamamos que se remunicipalice xa o servizo e se leve a cabo unha xestión pública democrática e transparente do ciclo da auga en Ferrol. Removemos xa as grandes multinacionais da xestión da auga. Saneamento si mas non así.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: