off
Economía, Galiza, Saúde — 27 Febreiro, 2017 at 12:18 p.m.

Galiza en queda libre en competitividade e eficiencia do mercado laboral segundo un relatorio da Unión Europea

by

Galiza continua en queda libre segundo un relatorio publicado hoxe pola Comisión Europea. Trátase dun relatorio (The EU Regional Competitiveness Index 2016) que mide diferentes marcadores de competitividade e innovación. Dun total de 263, malia unha pequena millora do seu posicionamento competitivo (185 no 2010 e 193 no 2013) sitúase agora no posto 181 do Regional Competitiveness Index (RCI), lonxe do 148 de Navarra ou o 83 de Madrid ou 119 do País Vasco, malia estaren estas lonxe dos primeiros postos europeos.

Porén, no Estado só a Comunidade de Madrid (que continua beneficiada polos efectos capitalidade e concentración de poder político)  e o País Vasco sitúanse por riba de media da UE en competitividade. Na elaboración deste ranquing a metodoloxia empregada tén en conta factores como a estabilidade económica, a educación, a saúde, a innovación, a eficiencia do mercado laboral e as infraestructura, entre outros indicadores. Alemaña, Holanda, Suecia, Reino Unido e Dinamarca xunguen o maior número de rexións situadas nos primeiros postos.

O Estado español perde competitividade respecto a 2010. O País Valencià cae do 171 ao 184, as Balears do 188 ao 200, Catalunya do 142 ao 153. Ceuta, Melilla e Extremadura aparecen nas derradeiras posicións do ranquing, xunto con Bulgaria e Romenia.Talvez o único punto forte das autonomia sexa o de saúde, medida en termos de resultados ( esperanza de vida saludable, mortalidade infantil e taxas de mortalidade por cáncer, doenzas coronarias,etc).

En preparación tecnolóxica, sofisticación da empresa e innovació acada o posto 179, Galiza baixa ao 181 no marcador institutión,  estabilidade macroeconómica, infraestructuras, saúde e educación básica, caendo ao aposto 191 en ensino superior e aprendizaxe ao longo da vida, eficiencia e tamaño do mercado laboral. A  posición periférica de Galiza, o envellecemento, a falta de investimento en I+D+I, a continua perda de poboación activa e a precarización do mercado laboral fan dificil que Galiza poda ocupar unha boa posición en moitos dos indicadores medidos.

EU Regional Competitiveness Index 2016)
EU Regional Competitiveness Index 2016

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off