off
Movementos sociais, Política, Politica internacional — 23 Febreiro, 2017 at 7:56 a.m.

O Pacto Nacional polo Referendo na Cataluña xa suma 10.000 adesións

by

Segundo informou o xornal Ara, o Pacto Nacional polo Referendo na Cataluña acadou 10.000 adesións. Trátase dunha campaña de adesións para apañar o apoio de institucións, entidades, eleitos e  particulares, de dentro e de fora de Cataluña para a celebración dun referendo sobre o seu futuro político. A campaña procura acadar adesións ao manifesto espallandose por todo o Estado e no estranxeiro, para acadar apoios a un referendo “efectivo e vinculante”.

Os organizadores e os xestores do web (a Federació  d’organitzadors per la justícia global, Òmnium Cultural i el Centre Internacional Escarré per a les minories ètniques i les nacions )  redactaran un manifesto, tamén disponíbel en galego en versión de Carme Fernández Pérez-Sanjulián , entre outras versións lingüísticas.

A proposta do Parlament de Catalunya, e co pulo do Goberno de Cataluña, o dia 23 de decembro de 2016 constituiuse este Pacte Nacional pel Referèndum, que reune milleiros de entidades sociais, culturais e políticas co alvo de impulsar un pacto entre os gobernos do Estado e da Generalitat que permite a celebración dun Referendo eficaz e vinculante, para que a cidadania catalá poida vota sobre o seu futuro político como nación.  O  Comité Executivo do Pacto recebiu a encomenda de elaborar un Manifesto que recollera esta arela transversal .

O Manifesta expresa “a convicción de que o referendo é unha ferramenta inclusiva“, apela  “ao mecanismo fundamental de que dispoñen as sociedades modernas: o coñecemento e a validación da vontade maioritaria do pobo que se expresa a través do voto“,  e  ínstase “os gobernos de Catalunya e do estado Español a superar as dificultades políticas e os prexuízos e a acadar, finalmente, o acordo que estabeleza as condicións e as garantías xustas e necesarias para a celebración dun Referendo recoñecido pola comunidade internacional”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off