off
Arquitectura, Cedeira, Educación, Política local — 22 Febreiro, 2017 at 12:32

Reparación do tellado e beiril da Escola de Esteiro

por

O escolar de Esteiro foi talvez un dos edificios municipais máis afectados por ventos que chegaron a superar os 135 quilómetros á hora na noite do día 3 de febreiro. Trátase dunha construción que está ao pé da estrada AC-566 e que foi inaugurada no ano 1924.


O Concello de Cedeira acomete estes días as obras de reparación do tellado do escolar de Esteiro que o temporal levou por diante no primeiros días de febreiro. A reposición de tellas e a reconstrución do beiril son as intervencións que máis urxen coa fin de evitar as goteiras que ameazan a planta -con chan de madeira- na que teñen lugar as actividades do Concello e as da Asociación de Veciños e Veciñas de Esteiro, entre outras obradoiros de memoria e ximnasia de mantemento. Os traballos marchan a bo ritmo. A inversión alcanza os 10.000 euros, unha cantidade un pouco superior ás estimacións iniciais e que o goberno municipal espera recuperar a través da compañía aseguradora correspondente.

Traballos d

Traballos de reparación na Escola de Saá-Esteiro

 


Ao mellor tamén che interesa:

O Concello de Cedeira calcula en máis de 20.000 euros os danos causados polo temporal

Escola de Esteiro

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: