off
Globalização, Movementos sociais, Politica internacional — 22 Febreiro, 2017 at 8:19 a.m.

Amnistía Internacional denuncia o corte de liberdades en todo o mundo e os perigos da “política de demonización”

by

O relatório anual da ONG Amnistía Internacional denuncia o devalo das liberdades en todo o mundo. “2016 foi un ano en que o uso cínico da retórica ” nós e eles”, da linguaxe das acusacións, ódio e medo en todo o mundo atinxiu níveis descoñecidos desde os anos 30″ afirmaba onte o secretário-xeral da Amnistia Internacional (AI), Salil Shetty.

O tema central do relatório é a “política de demonización”, explicou o subdirector rexional adxunto  na Europa e na Asia Central, Denis Krivoxéiev, nunha apresentación en Moscova. “Os políticos de todo o mundo teñen recorrido á linguaxe que despertou activamente os demonios do medo, a inimizade, o contraste entre nós e eles. Os resultados non fora o esperado: un número crescente de crimes motivados por ódio e a xenofobia e un mundo mais instábel e mais perigoso “,  resumiu Krivoxéiev. As sísmicas mudanzas políticas de 2016 derivou nunha retórica do odio desencadeando o lado escuro da natureza humana. Tanto se se trata de Trump (EUA), Orban (Hungría), Modi (India), Erdogan (Turquía) ou Duterte (Filipinas), máis e máis políticos chaman-se a si mesmos anti-establishment e exercen a política de demonización procurando chivos expiatorios que atinxen colectivos enteiros de persoas para gañar o apoio dos votantes. Esta retórica terá un impacto cada vez máis perigoso sobre a política actual. En 2016, os gobernos fixeron a vista gorda aos crimes de guerra, a través de acordos que prexudican o dereito de pedir asilo, aprobando leis que violan a liberdade de expresión, incitado o asasinato de persoas. Isto podería ter consecuencias desastrosas dada a resposta lamentabel ás masivas atrocidades  globais en 2016:  Aleppo, Iemen, Darfur.

Entrementres, outros países realizaran represións masivas,  incluíndo Bahrein, Exipto, Etiopía, Filipinas e Turquía. Outros países aplicaban medidas de seguridade intrusiva, poderes de emerxencia prolongada sen precedentes na Franza e no Reino Unido. Outra característica da política  “strongman” foi un aumento na retórica anti-feminista  e o esforzo para reverter os dereitos das mulleres en Polonia que foran recibidos con  protestas masivas.

O relatório argumenta que a retórica tóxica de “nós contra eles” promove a discriminación ao espallar a idea de que hai persoas que son mais humanas do que outras. O  2016  atinxiu principalmente ao grupo de refuxiados e estimase que en 2017 poderia alargarse a outros grupos. AI relata que o mundo fitou em silencio o que está acontecendo na Síria, Iemen e moitos outros países en conflito, onde ten habido violacións en masa dos dereitos humanos e as vítimas foran completamente desamparadas.

 

Encanto  os conflitos se multiplican, os grupos armados continuan a atacar e violan o direito á vida e as armas en circulación( o estado español é o séptimo productor do mundo) . Moitos países aprovaran leis que cortan seus dereitos e liberdades, e lexitiman a violencia en masa aumentando os poderes da polícia, a fin de garantir a seguranza.

De acordo Krivoxéiev, “a figura de Donald Trump e de toda a retórica agresiva, encanto ele era un candidato encaixa perfeitamente na tendencia da política xeral de demonización “. Sergei Nikitin, chefe da delegación da Amnistia Internacional na Rusia, percebe acumulación de medo en todo o que Trump ten feito durante o primeiro mes  de presidencia , porque a maioria das medidas tomadas violan os dereitos de certos colectivos. Porén,  Trump non é um fenómeno isolado e Krivoxéiev lembrou, entre outras cousas, as declaracións de  Theresa May, a actual primeira-ministra británico, cando  era ministra do Interior afirmara que a  Convención Europea dos Dereitos do Home non tiñan feito nada para o ben-estar dos cidadáns británicos e que en vez diso, fixeran moito para minar a súa seguranza.

O espaço pós-soviético non impede a imaxe sombria que descreve AI, unha vez que non é novo que  nalguns países como a Rusia a demonización, o medo e os inimigos externos serven para xustificar medidas represivas. Alén diso, a  ONG observa que, en vários países continuan as detencións arbitrárias en masa de disidentes, ben como o problema da tortura en centros de detención.

Nikitin afirmou que  “o Kremlin ten aplicado várias lexislacións anti-terrorismo e antiextremistas que contradicen as obrigas internacionais que a Rusia tiña acatado”. Pola contra, a Rusia endureceu as restricións á  liberdade de expresión ou de  reunión, atacou o grupo de ONGs coa lei de axentes estranxeiros, foran acusadas moitas persoas de extremismo simplesmente para compartillar certas informacións en redes sociais, continuan a violar os direitos humanos durante as operacións anti-terroristas no Cáucaso do Norte e non respeitaran os dereitos dos requerentes de asilo. Na cena  internacional AI condena o bombardeo indiscriminado da aviación  rusa de alvos civís. Amnistia Internacional parabenizase porque xuntamente  con Human Rights Watch e a  ONU ten axudado a tornar visíbel o problema de prisóns secretas na Ucrania e, embora a organización foi acusada de servir a propaganda do Kremlin, conseguira que os servizos secretos ucranianos  libertaran 19 persoas que tiñan desaparecido.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off