off
Economía, Estado, Política — 16 Febreiro, 2017 at 10:15

Traballar máis anos e plans de pensións privados

por Editorial

Eis a receita para as pensións  do goberno español ao servizo do capital financieiro. Adiar a idade de xubilación até os 67 anos e impular plans privados que compensen a “inevitabel” rebaixa das pensións. Inevitabel? Porén, non perdamos de vista  que se o resgate bancario non fora asumido polo Estado, arestora habería recursos para pagar as pensións 


Segundo o gobernador do Banco de España Luis Maria Linde, en declaracións no Congreso, na Comisión do Pacto de Toledo, o principal reto para o sistema é o envellecimento da poboación que sería o sistema insostible “, mesmo nun escenario de pleno emprego”. Para solucionar isto, disque debemos “reducir a taxa de substitución das pensións” e “alargar as fontes de financiamento.”

Nesta comparecencia o gobernador do Banco de España non explicou nada do rescate de Bankia e que o seu precedecesor, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, esté a ser investigado pola Audiencia Nacional. 

O que isto significa na práctica? Por unha banda, atrasar a idade de xubilación. “Calquer medida para evitar a xubilación anticipada e para permitir a extensión da vida útil de máis de 67 anos tería efectos positivos sobre a sustentabilidade financeira do sistema.” En realidade, o Banco de España estima no informe publicado hai unhas semanas para aposentar aos 70 anos sería aforrar entre 2 e 4 puntos porcentuais do PIB en 2050. Agora, o déficit da Seguridade Social é igual para 1,5% do PIB. Linde xustifica a medida co aumento da esperanza de vida. Eís unha reedición do relato estandar que o goberno español publicita cada vez con máis vehemencia desde que en 2011, ao  final do goberno Zapatero,  en plena crise, a Seguridade Social fechara  en negativo, por primeira vez desde 1998, cando deixou de financiar a sanidade pública. En 2012, con Mariano Rajoy xa na Moncloa fíxose a primeira disposición de efectivo de capital do fondo. Á que seguiron alomenos vinte até deixar a ucha ao descuberto (dos 67.000 millón de euros, o 6,6% do PIB español, pasouse a menos de 15.000). Pois ben, a perspectiva do seu esgotamento e dun sistema de seu deficitario elévanse a mantra que o goberno e os analistas liberais interpretan en termos de ineluctables recortes para salvar a súa viabilidade. Unhas reformas que Zapatero encetara ao final do seu mandato: adiar a idade de xubilación dos 65 aos 67 anos, aumentar de 35 a 37 anos o mínimo  de tempo de cotización para poder cobrar o 100% da pensión, e acrescentar de 15 a 24 anos o tempo para computar o importe das xubilacións.

Porén, con este ben barnizado pano de fondo catastrofista, Linde  non deu explicación ningunha sobre o resgate de Bankia que como  mínimo desbaratou 22.000 millóns nunha operación ruinosa, segundo advertencia interna. Non falou diso porque segundo a presidenta da comisión, Celia Villalobos, non tocaba o asunto. Tocaba falar de como escravizarnos ainda máis á banca se queremos  cobrar as pensións no futuro, traballando máis anos para completar con pensións privadas (que seica non ten relación ningunha co feito de que a ucha pública se utilizara para resgatar bancos e permitir operacións de saída a bolsa que viñan internamente desaconselladas.  E a isto chámanlle comisións parlamentares.

De tanta retirada de efectivo da ucha pública a Seguridade Social leva un lustro fechando con déficit. A curva democráfica, como sabemos ben en Galiza, prevé un envellimento da poboación que irá a máis debullando un futuro no que baixa a proporción de operarios en activos respecto ás persoas en idade de recebir unha pensión, que no modelo de cotizacións son quen pagan as pensións actuais. Alén diso, as reformas laborais precarizaron o mercado de traballo, con ocupación a tempo parcial e soldos baixos que diminuiron o importe das cotizacións .

Porén, sendo estes dados reais, en que dirección debería ir a mellora? Para a economista Miren Etxezarreta, a privatización non sería solución xa que son moi arriscadas, opacas e non son asumibles para todo o mundo.  As pensións deberían tractarse como unha partida dos orzamentos do Estado e non como até agora co único aporte das cotizacións dos traballadores en activo xa que cuidarmos dos vellos fai parte da mesma obriga que cuidar da escolarización dos mais novos, do exército ou da Casa Real.

A receita neoliberal para reformar o sistema de pensións xa está pasando

Aforro privado

O gobernador do Banco de España, propuxo a introdución de sistemas de aforro privado a complementar a pensión pública en anticipación da necesidade de reducilo.

Desgravacions fiscais para os plans de pensións privados

Pola via indirecta o obxectivo dos sucesivos gobernos de  empurrar aos operarios a contractar plans de pensións privados xa está acontecendo coas  desgravacions fiscais que os acompañan. Segundo a patronal Inverco, os beneficiarios de plans de pensións privados creceran até un  129% dende comezo da crise.

Pensións de viuvez

Alguns partidos e sindicatos plantexan que as pensións de viuvez e orfandade, que inclúen máis de 20.000 millóns de gastos anuais, se financien a través de impostos ou dos orzamentos xerais do Estado e non como agora a través das cotizacións

Máis impostos

Outro experto do Pacto de Toledo que propuxo financiar parte das pensións con ingresos tributarios foi profesor de finanzas públicas da Universidade de Alcalá de Henares Manuel Jesús Lagares. En concreto, propuxo reducir o 10% das achegas sociais pagadas por empregados e empresarios (agora 30%) e aumentar entre un 2% e un 4% o IVE normal e reducido para pagar as pensións. O catedrático Enrique Devesa afirma o mesmo.

Contas nocionais

Linde, Lagares, e outros expertos, apostan por un sistema no que os xubilados cobren en función do que aportaran durante a viad laboral, ainda que mantendo, seica, os complementos mínimos.

 

 

1 Comentario

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: