off
Ciencia, Feminismo — 11 Febreiro, 2017 at 7:29 a.m.

Dia Internacional das Mulleres e Nenas na Ciencia

by

O Dia Internacional das Mulleres e Meniñas na Ciencia foi decidido en 2015 pola Assembleia Geral das Nacións Unidas na Resolución 70/474 / Add.2 proclamou 11 de febreiro de cada ano como Dia internacional de mulleres e meniñas an Ciencia, a fin de promover a participación plena e igualitária para mulleres e meninas na educación, formación, emprego e procesos na ciencia, e eliminar todas as formas de discriminación contra as mulleres nas áreas de educación e emprego, quebrando todas as barreiras dereitos xurídicos, económicos, sociais e culturais, através de políticas e programas de tomada de decisións no campo da ciencia para promover uma maior participación das mulleres e nenas e recoñecer-lles o seu suceso científico. A efeméride foi celebrada pola primeira vez en 11 de febreiro de 2016.

Este evento fai parte da sección 5  da Axenda 2030 para o Desenvolvimento Sustentábel, que visa alcanzar a igualdade de xénero e capacitar todas as mulleres e nenas. Que as mulleres acaden postos  decisorios e de  dirección de grupos de investigación continua a ser unha das grandes eivas.

“A ciencia e a igualdade entre os sexos son vitais para a tomada de obxectivos de desenvolvimento sustentábel incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional ten feito grandes esforzos para inspirar e promover a participacion das mulleres e meninas na ciencia. Infelizmente, elas continuan a enfrentar barreiras que as impedem de participar plenamente nesta disciplina. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que os estudantes terminar un grau, un mestrado e un doutorado en calquer asunto relacionado a ciencia é de 18%, 8% e 2%, respectivamente, encanto que a probabilidade estudantes do sexo masculino é de 37%, 18% e 6%.

Para poder engadir as contribucións feitas polas mulleres, as barreiras  teñen sido moitas, comezando pola propia elaboración do discurso científico.Porén, malia existir un contributo feminino á ciencia desde as súas orixes, este ten sido invisibilizado e desprezado. A falta de políticas efectivas de conciliación e a ausencia de mulleres na tomada de decisións, a máis de síntomas indivativos de desigualde, tén efectos directos no que se decide pesquisar. Por exemplo, as diferencias de sexo non fora contemplada como variabel biolóxica, o que xunto a outras variabeis como a idade, son aspectos fulcrais que determinan a función hormonal ou o sistema immunitario. Ao cabo, a ciencia é a historia da ciencia patriarcal tradicional,  unha visión androcéntrica que nesgou non poucos resultados.

En Galiza o ano 2002 o Servizo Galego de Igualdade publicaba a Guía de boas prácticas en Ciencia e Tecnoloxía. Unha guía elaborada para o profesorado de secundaria, que recolle aqueles contidos necesarios para introducir a perspectiva de xénero na ensinanza das ciencias. Con dita fin, describe conceptos clave do estudo das desigualdades de xénero e aporta exemplos de actividades encamiñadas a visibilizar ás mulleres científicas e os atrancos aos que se enfrontan. Do goberno bipartito nacía de brazo dado da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Carme Adán,  a web Unidade de Muller e Ciencia, un portal direccionado a para facer visibel a situación, o traballo e os resultados das mulleres científicas e tecnólogas de Galiza. A Unidade de Muller e Ciencia xestábase como órgano da Xunta de Galicia no que participan a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a Consellaría de Innovación e Industria e a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. As  actuacións van encamiñadas a paliar os desequilibrios referentes ao xénero que poidan existir no ámbito da investigación e da innovación e a incrementar a presenza das mulleres neste eido.Velaquí unha breve escolma de científicas galegas que desenvolven o seu traballo nas universidades e centros de investigación de Galiza:

  • Especialistas en xénero da Universidade de Vigo
  • África González Fernández,directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da UdV
  • Ana Gago Martínez, xefe do grupo de “Análise químico e Efectos Fisiolóxicos de Biotoxinas e Contaminantes Ambientais e Alimentarios” (grupo CI8).Desde 2009 é a directora do Laboratorio Europeo de Referencia para as biotoxinas mariñas.
  • M.ª Jesús Manso,catedrática de universidade do departamento de Bioloxía Celular e  Molecular.Coordinadora do grupo Neurover  (UdC) que estuda distintos aspectos da organización anatómica e o desenvolvemento do sistema nervioso dos peixes para extraer principios básicos que nos permitan entender mellor o funcionamiento e aevolución do encéfalo de vertebrados.
  • Ángeles Cid,  doutora  en Bioloxía pola Universidade da Coruña (UDC) coordina o grupo de investigación de Aplicacións da Microalgas.
  • Maria Xosé Alonso Fernández, catedrática do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela (USC)e  Académica de Numero da Real Academia de Farmacia de Galicia e da Real Academia Nacional de Farma. Dirixiu e coordinou numerosos proxectos de investigación (40), algúns deles financiados por entidades de relevancia internacional tales como a OTAN, a OMS, a Comisión Europea e a Fundación “Bill & Melinda Gates”. Grupo de investigaciónde Nanotecnoloxía aplicadas o deseño de sistemas de lieración de fármacos
  •  Carmen Isabel Álvarez Lorenzo, grupo de investigación I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos. Ten participado en numerosos proxectos de investigación  internacionais centrados en “Intelligent hydrogels for selective and controlled drug delivery”, “Stimuli-sensitive and imprinted polymeric systems for controlled drug release”, “Nanoscopic structures for drug solubilization, stabilization and targeting”, “Advanced drug delivery systems for intelligent delivery of drugs”, “Biomimetic materials for advanced therapeutic systems”, . Autora de 220 publicacións en revistas indexadas, 14 patentes e 30 capítulos de libro, e editora de dous libros (índice h (Web of Science)= 41).
  • Romero-Rodríguez, Mª Ángeles, catedrática do departaemnto de química analítica, nutrición e bromatoloxía da USC. Grupo de investigación de Analise sensorial, avaliación nutricional e desenrolo de novos alimentos (GI-2118)
  • Bertha Guijarro Berdiñas, doutora en Informática pola Universidade de A Coruña (UDC)e vVicecoordinadora Responsable Científica do CITIC ; o seu á ámbito de investigación céntrase na Aprendizaxe Computacional e en Sistemas Baseados no  Coñecimiento con múltiples aplicacións na industria (medicina, xestión de incendios forestais, diagnose de erros en motores,… ).

 


Para saber máis

Resolución 70/474/Add.2

International Day of Women and Girls in Science 11 February 

Message de la Directrice générale de l’UNESCO, Irina Bokova, à l’occasion de la Journée internationale des femmes et des filles en Science

Unidade de Muller e Ciencia de Galicia.Xunta de Galicia

Mulleres de ciencia en Galicia. Album de Mulleres.Consello da Cultura Galega

Científicas galegas .STEG

Goal 5: Achieve gender equality and empower all women and girls

Sustainable Development. 17 Goals to Transform Our World

International Day of Women and Girls in Science, 11 February

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off