off
Pensamento — 10 Febreiro, 2017 at 1:17 p.m.

Conferencia do teólogo Juan José Tamayo no Ateneo Ferrolán

by

tamayo_ateneoferrolan_2017Este venres  ás 19,30 h  o teólogo Juan José Tamayo ditara unha palestra  sob o título “Tén futuro a teoloxía da liberación?”, organizada polo Club de Prensa.

Tamayo, autor prolífico e profesor convidado en numerosas universidades estatais e internacionais, teólogo e director da Cátedra de Teoloxía e Ciencias das Religións Ignacio Ellacuría na Universidade Carlos III de Madrid é un dos principais pensadores desta corrente teolóxica no estado español e en Europa. Por así pensar ten sofrido o veto e imposición do pensamento único da Igrexa católica  por parte da xerarquía eclesiástica. “Un nacionalcatolicismo que non caba de morrer”. Sistach en Barcelona, Rouco Varela, en Madrid, Oviedo, Burgos, Compostela, etc. Unha falta de respecto ao pluralismo e a diversidade que a tén ancorada no pasado, involuindo contra da reforma da Igrexa e do recoñecemento dun pluralismo proprio do diálogo defendido contra 1959 no Concilio Vaticano II.

De feito, tal e como sinalaran Dussel e o propio Tamayo, entre outros, moitos bispos foran nomeados para condenar esta teoloxía, a única nacida en América Latina, como explicación e resposta dende e para esa realidade. Por iso ten sido perseguida malia ter gañado seu espazo no pensamento teolóxico e social e tamén por ser parteira ou parceira   doutras teoloxías do futuro, como as teoloxías indíxenas,  afroamericanas ou a teoloxía feminista.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off