off
Cedeira, Ecoloxía, Meio ambiente, Movementos sociais — 10 Febreiro, 2017 at 8:26 a.m.

Bota a andar a plataforma en defensa dos ríos Condomiñas e Pontigas

by

[Pingota Comunicación] O goberno de Cedeira está moi satisfeito da resposta da xente con respecto á constitución dunha plataforma cidadá en defensa dos ríos Condomiñas e Pontigas. Así, máis dunha ducia de persoas -aínda que o número total poderá chegar ás vinte polas ausencias xustificadas- déronse cita onte no salón de plenos para botar a andar unha agrupación que velará pola conservación de ambos os dous leitos e a súa integración na vida cotiá dos cedeireses como novos espazos de lecer. A inicitiva xa está en marcha e, como primeira medida, acordouse crear unha xestora para iniciar os trámites de constitución e mesmo tamén poñerse en contacto con outras plataformas que poidan existir neste campo, para marcar obxectivos e elaborar estatutos, entre outras cuestións. Estas e outras novedades trataranse na reunión que, segundo os impulsores da plataforma, terá lugar ao longo da próxima semana e na que tamén se falará da campaña de captación de socios que se prevé levar a cabo para ampliar a participación. Nun prazo dun mes, a agrupación arrincará de maneira oficial coa celebración da asamblea constituínte.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off