off
Cedeira, Política local — 8 Febreiro, 2017 at 7:58 a.m.

O Concello de Cedeira calcula en máis de 20.000 euros os danos causados polo temporal

by

[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira calcula en máis de 20.000 euros os danos causados polo temporal en instalacións e vías municipais. Árbores caídas sobre as rúas, marquesinas rotas, desprendemento de muros e infiltración de auga no Escolar de Esteiro son só algunhas das incidencias coas que o alcalde, Pablo Moreda Gil, se atopou estes días na visita de inspección realizada por todo o territorio cedeirés para comprobar a pegada deixada por refachos de vento de máis de 150 quilómetros á hora.
Moreda valorou o traballo e a colaboración dos voluntarios de Protección Civil e do único policía local que estaba de servizo durante a fin de semana. Do plantel, formado por cinco efectivos, dous estaban de baixa e os outros dous fóra de servizo. O Concello xa está a elaborar os informes necesarios para facer valer os seguros que ten contratados con distintas compañías. Só a reparación do centro escolar foi valorada nuns 6.000 euros. O alcalde apuntou que “dentro do malo ninguén resultou ferido, polo que todo o demais irase amañando”.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: