off
Cedeira, Ecoloxía, Medio ambiente, Movementos sociais — 7 Febreiro, 2017 at 07:29

Buscan axuda para recuperar os ríos Condomiñas e Pontigas

por

[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira cederá o mércores o salón do plenos para a celebración dunha reunión promovida por un grupo de veciños interesados en mellorar o estado actual que presentan os ríos Condomiñas e Pontigas. A cita dará comezo ás 19.30 horas e está aberta aos interesados. Os convocantes aseguran que se trata dunha primeira toma de contacto para coñecer a resposta real da xente de cara á constitución dunha plataforma ou entidade que, ademais de garantir a conservación dos leitos, os poña en valor para o lecer de veciños e visitantes. Os ríos, segundo as organizacións ecoloxistas, serven para medir o grao de civilización dos países: a máis degradación menos nivel de vida. Os impulsores da reunión confían en que a resposta da veciñanza sexa boa para comezar a traballar na recuperación do Condomiñas e do Pontigas.

1 Comentario

  • A presión sobre o Condomiñas é moi grande.
    Todo tería que pasar por quitar as naves da Xunqueira e mais as instalacións do concello que é o “punto limpo”. Nada mais que os lixiviados que se aportan ahí fai que o rio vaia moi contaminado. Se se manteñe esas naves no sitio actual todo o que se faga valerá de pouco. Quitar as naves custaría moito pero sería parte importante da solución. Iso non se vai facer.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: