off
Pesca — 5 Febreiro, 2017 at 18:45

Panga, quen ten medo das espiñas?

por Redacción

A comezos da década o Estado español pasaba a ser un dos principais importadores de panga a nivel mundial.. Tamén coñecido como peixe gato do Mekong, o panga (Pangasianodon (Pangasius) hypophthalmus) críase sobretodo no Vietnam (onde Greepeace ten detectado  importantes impactos sobre a biodiversidade en zonas con especial sensibilidade ecolóxica) e chega conxelado ao mercado europeo, onde é despiñado e filetado. Como é posibel que nun país pesqueiro como Galiza  o panga teña desprazado a pescada, o bocareu, a sardiña ou o bacallau? O seu baixo prezo e  a falta de espiñas deste peixe de rio cultivado ten favorecido a súa introdución nos lares e nos comedores escolares.

O peixe panga precisa pouco oxixeno para ser cultivado. En pouca auga críanse grande cantidade de individuos. Velaí un dos motivos do seu baixo prezo. Porén, outro factor a ter en conta é que o peixe é filetado e desde Tailanda ou Vietnam chegan ultraconxelados pasando os controis europeus canda outras especies como o bacallau ou o salmón. A problemática do panga é que ten que viaxar máis de 10000 quilómetros e os dietistas alertan que tén tres veces menos omega-3 que outros peixes brancos e os seus níveis de mercurio e outros tóxicos ambientais son altísimos. Portanto, trátase dun peixe contaminado e que logo de viaxar milleiros de quilómetros chega ás mesas. Que cumpra cos requisitos mínimos de seguridade alimentar da Unión Europea (de aí a alerta da OCU a cantidade de panga consumido por semana) permite a súa competencia directa con peixes capturados nas pequeiras galegas malia  teren  maiores niveis de omega-3 por viviren en auga salgada onde hai plancton  e menores niveis de  metais pesados (alomenos de momento) por seren capturados nas rías (o noso quilómetro 0) e no Atlántico, están a ser desprazados por un peixe que tivo que percorrer 12000 quilómetros até chegar aos comedores escolares galegos. Recentes estudos alertan da diferente candidade de antimicrobianos que precisa unha empresa    para producir 1 tonelada de salmón no Chile ou na Noruega. Esas diferenzas no uso de antimicrobianos probavelmente reflicten diferenzas substanciais na saúde animal e no ben-estar animal, diferenzas locais nos riscos de doenza en diferentes rexións e a conscientización de todos os axentes que interveñen sobre os efeitos prexudiciais do uso excesivo de antimicrobianos.

No ano 2010 a Organización de Consumidores e usuarios xa alertaba que como moito o consumo de panga debería restrinxirse a unha vez á semana en adultos e cada dúas semanas en menores porque podían conter altas doses de contaminantes

Iso está a acontecer nun país que é potencia mundial en pesca e pesquerias e onde se consume máis peixe entre os membros do Estado español e da Unión Euroepa (segundo dados da FAO). A questión sobre o tapete é como pode un peixe atinxir a demanda galega de consumo? Pode ser o atributo do peixe desespiñado e o baixo prezo os únicos atractivos? Seica non desespiñamos e xa estamos  producir as alternativas insustentables de noso, ao alto prezo de inzar o país de piscifactorias? Portanto, cal é o gaño se logo se distribuen polas escolas, hospitais e peixerías  un peixe que precisa ser transportado desde o  sueste asiático? Seica importar peixe criado en condicións insustentables e con riscos evidentes para a saúde pode acabar dando unha marxe de manobra -através dos hábitos de consumo- á crianza en piscisfactorias que ainda non son sustentables? Os consumidores, os pais e os educadores xogan un papel importante na garantía de que, ao esixir a peixe sostible incentivan as artes de pesca e a crianza que se lexislen e cumpran as normas necesarias para ser certificado como sostible. Por sua vez, significa que a saúde do peixe e do marisco e a preservación da integridade da saúde do ecosistema local e sua microbiota tórnanse obxectivos primordiais que están a ser desleixados. En Vietnam, a produción de “catfish pangasius” subiu de algunhas toneladas en 1990 a máis de 400 000 toneladas en 2010.  A China xera un terzo dos produtos alimenticios acuáticos do mundo, con dous terzos desa produción é atribuída á acuicultura. Esta baixa conciencia do crecemento da acuicultura é lamentabel, porque ambientes de auga doce e mariñas pode servir tanto como encoros  e bacterias resistentes a antimicrobianos e como facilitadores para a súa transferencia para as persoas, incluíndo patóxenos humanos. Estes ambientes tamén poden convertirse nunha  fonte de pasaxe de xenes de resistencia antimicrobiana e bacterias resistentes aos antimicrobianos se están contaminados con efluentes terrestres tais como resíduos agrícolas; descargas de vivendas humanas, hospitais e industria; descargas de augas residuais e plantas de tratamento de augas,etc.

A potencial resistencia humana aos patóxenos acuáticos  leva a emerxencia de novas bacterias resistentes aos antimicrobianos e difusión global deles e os seus xenes de resistencia a antimicrobianos en animais e poboacións humanas. Os esforzos para previr o uso excesivo de antimicrobianos en acuicultura deben incluír a educación de todos os interesados sobre os seus efectos nocivos sobre a saúde dos peixes, os seres humanos, eo ecosistema acuático (a noción de One Health), e alento de medidas ambientalmente amigables e de prevención de enfermidades, incluíndo vacinas , probióticos, e bacteriófagos. A adopción destas medidas é un suplemento crucial para os esforzos que lidan coa resistencia antimicrobiana a través do desenvolvemento de novos axentes terapéuticos, avanzar é para ser feita contra o crecente problema da resistencia aos antibióticos en medicina humana e veterinaria. Acuicultura utiliza cada ano centos de toneladas de antimicrobianos para previr e tratar a infección bacteriana. O paso destes axentes antimicrobianos no medio acuático selecciona bacterias resistentes e xenes de resistencia bacteriana que estimulan a mutación,  a recombinación, e a transferencia de xenes horizontal segundo  un recente estudo publicado na revista Lancet Infectious Diseases no que se salienta a evidente contribuición  da acuicultura  para o surximento de infeccións resistentes aos antimicrobianos

De xeito correlativo, a entrada do panga e o espallamento doutros alimentos e hábitos alimentares,  informa da perda de transmisión xeracional. En moitos casos, tamén, de rutura  dun círculo virtuoso que debería estar axudando desde as escolas e os hospitais a protexer o funcionamento e produtividade e saúde dos nosos océanos e ríos, e os medios de subsistencia que dependen deles, Estamos a a desaprender o que xa sabiamos. As crianzas deixan de probar de todo. Simplifícase o que é diverso. Un proceso de mudanza que é complexo xa que non debruza só en comer san. Porque almorzar, xantar, merendar e cear son momentos de transmisión de cultura e coñecimento. Do que as palabras informan e nos aprenden. Porque comer tamén é facer pedagoxía da alimentación. Do que pescamos e cultivamosAo cabo, de ter cuidado de nós mesmos e dos que nos rodean. E o argumento “ten espiñas” non abonda para deixar de comer un peixe.

Tags

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: