off
Medio ambiente, Pesca — 2 Febreiro, 2017 at 10:31

Convocatoria para a concesión de axudas a proxectos colectivos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños

por

O Diario Oficial de  Galicia de hoxe publica a ORDE do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2017 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitadas como expediente anticipado de gasto.

O obxecto da presente orde consiste na elaboración e desenvolvemento de proxectos que teñan por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro ou que contribúan a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños, incluíndo actividades destinadas á redución da contaminación física e química, medidas de conservación positivas cuxo obxectivo sexa protexer e conservar a flora e a fauna, incluída a repoboación ou reintrodución de especies autóctonas, actuacións destinadas a previr, controlar ou eliminar especies exóticas invasoras que poñan en perigo a conservación destes hábitats e especies, e que se centren en hábitats costeiros de importancia para a reprodución dos organismos mariños.

Poderán ser obxecto de subvención de conformidade con esta orde proxectos colectivos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro ou que contribúan a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños. Serán subvencionables as seguintes actuacións:

a) As que se centren en hábitats costeiros de importancia para a reprodución de organismos mariños.

b) As actividades destinadas á redución da contaminación física e química.

c) As medidas de conservación positivas cuxo obxectivo sexa protexer e conservar a flora e a fauna, incluída a repoboación ou reintrodución de especies autóctonas, aplicando os principios da infraestrutura verde que se enuncian na Comunicación da Comisión titulada «Infraestrutura verde-mellora do capital natural de Europa» (COM(2013) 249 final, do 6.5.2013)

d) As actuacións destinadas a previr, controlar ou eliminar especies exóticas invasoras que poñan en perigo a conservación dos hábitats e especies.

Non serán obxecto de subvención aqueles proxectos que non sexan técnica ou economicamente viables.  Tampouco serán obxecto de subvención as accións que resulten financiables segundo outras liñas de axudas convocadas pola Consellería do Mar nin os labores propios da actividade pesqueira ou marisqueira ordinaria.

Poderanse presentar proxectos de carácter plurianual sen que a súa duración poida exceder dous exercicios orzamentarios e coas limitacións recollidas na alínea h) do artigo 7. As subvencións que neste caso se concedan ateranse aos límites establecidos para os compromisos de gasto plurianuais no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Os investimentos realizados nos proxectos financiados por esta orde deben ser considerados non produtivos ao focalizarse na protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños, non xerar un valor para a empresa e non buscar un maior valor na prestación dos servizos. Os proxectos velan polo desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, evitando o risco de producións excedentarias e de sobreexplotación, e as operacións caracterízanse polo seu interese e beneficiario colectivo.

Poderán ser beneficiarios das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia. As entidades sinaladas  poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente, como unha agrupación de entidades. Neste último caso, deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiario corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de apoderado, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.

Para consultar o marco normativo e o crédito orzamentario: DOG Nº23 – 02/02/2017

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170202/AnuncioG0427-230117-0001_gl.pdf

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: