off
Cedeira, Galiza, Pesca — 31 Xaneiro, 2017 at 07:48

Ventos de forza 7 no litoral a partir do mediodía

por
Meteogalicia informa dunha depresión de 960 mb ao norte dos Azores, achegándose progresivamente a Irlanda, collendo a Galicia no seu radio de acción. Atención para mércores: ventos de forza 7 no litoral a partir do mediodía.Vento do sur, forza 5 a 6 á mañá, 6 a 7 á tarde e 6 a 8 á noite. De Estaca de Bares a Cabo Prior, forte marusía á mañá e media vaga á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á noite e 2 a 3 metros á tarde.
Meteogalicia.Punta Candieira. Última actualización: 01/02/2017 08:51

Meteogalicia.Punta Candieira. Última actualización: 01/02/2017 08:51

En Cedeira agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións todo os días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios. Vento forte do Sur do mércores pola tarde ó mércores pola noite; forte do Sudoeste do xoves pola tarde ó venres pola mañá; e forte do Sudoeste o venres pola noite.
O estado da calidade do aire  manterase bo en xeral. En todo o período as temperaturas serán propias da época do ano sen grandes oscilacións entre as temperaturas nocturnas e as diúrnas.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: