off
Movementos sociais, Política — 28 Xaneiro, 2017 at 11:57 a.m.

Manifestación nacional en defensa das pensións públicas

by

Gallery with ID 23 doesn't exist.

Este mediodía en Compostela saía da Alameda, en defensa do sistema público de pensións, a manifestación nacional convocada pola CIG. A central sindical denuncia así que o sistema financeiro, coa complicidade das organizacións políticas que o representan, ten deseñada unha campaña cuestionando a viabilidade do actual modelo de pensións para provocar que se subscriban plans de pensións privados, engordando así os seus beneficios a custo dos aforros das e dos traballadores.

Para Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, “diante deste novo ataque aos dereitos da inmensa maioría social, cómpre saír á rúa a defender o sistema público de pensións, porque “si ten futuro e ademais, é máis garantista que o privado”.

Advirte que cos debates arredor desta cuestión o que se pretende é introducir novos recortes que dificulten o acceso ás pensións futuras. Por iso fai un chamamento especial á mocidade, que será a máis prexudicada, para que loite por uns dereitos que hoxe están en cuestión.

A central sindical galega exixe ademais unha mudanza a fondo das políticas económicas para que se favoreza a creación de emprego digno e de calidade, fronte á precarización e empobrecemento masivo da clase traballadora ao que nos están levando as reformas laborais e da negociación colectiva. Con máis emprego, mellores salarios, unha política fiscal diferente e medidas para combater realmente a fraude fiscal, Seixo afirma que “contaremos cos recursos suficientes para garantir o sistema público de pensións e ademais nunhas condicións dignas sen problema de ningún tipo”.

 

 

 

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: