off
Europa, Politica internacional — 19 Xaneiro, 2017 at 8:53 a.m.

O Brexit aponta un segundo mas incerto referendo na Escócia

by

 Nicola Sturgeon, ministra de Escocia, ten o dilema de acelerar a convocatoria dunha segunda consulta ainda que os inquéritos mostran unha maioría favorabel á “non” independencia


O ministro para Escocia David Mundell vén de expresar que podería haber un segundo referendum se o decide o parlamento escocés seguindo procedimento que implica tamén ao parlamento inglés.  Despois das declaracións de Theresa May, esa posibilidade ten acrescentado. Sturgeon afirmou que a dirección encamiñada polo goberno británico, contraria ao voto dos escoceses o 23 de xuño ( manterse no mercado único da UE). Porén, o chamado en Escocia “indyref2” (a segunda consulta) podería ser máis probabel, malia esa intención favorabel ao “non”, dadas as diferencias abertas, a presión das bases e a palabra dada por Sturgeon.

A Escócia é un terzo da masa de terra do Reino Unido  en termos estratéxicos e xeopolíticos, mas é apenas o 8,4% da populación do Reino Unido. Ten 59 deputados en Westminster de 650 membros eleitos – o que significa que seus desexos democráticos podem ser ignorados ou derrubados como aconteceu co Brexit 

A lider do SNP prometeu chamar ao voto de independencia se o Reino Unido deixaba o mercado único. Agora ela terá que seguir adiante, ou perder credibilidade. Porque ainda a risco de perdelo, de non se convocado, o seu apoio político perdería moitos activos e mesmo arriscaría a posibilidade da independencia. A situación carga de razóns a Sturgeon mais Londres sabe que pode provocar o  fracaso de Edimburgo xa que as razóns económicas perderan fol, non asín o argumentario politico nen o respeito á vontade democrática dos escoceses. SNP prefire construír apoio á independencia mediante a explotación dunha sensación de déficit democrático co resto do Reino Unido, mais o un dos grandes problemas para Sturgeon é que o caso dunha Escócia independente dentro da UE, mentres que o resto do Reino Unido está fóra, tamén é un escenario complicado no que non pode obviarse o desequilíbrio no poder e economia que afeta a todos no Reino Unido – o poder dominador de Londres e da cidade de Londres.

A estratexia da ministra de Escócia hai quen a interpreta  como unha procura de gañar tempo. O seu mandato para resistir o Brexit deriva da maioría do 62%  no referendo xuño 2016.Dado que  a Escócia votou para seguir sendo unha parte do Reino Unido en 2014,  a súa única panca  seria  realizar outra votación da independencia. O seu problema é que malia o Brexit non encoraxou un aumento no apoio á independencia. Un tempo para  tomar decisións: a independencia semella ser a única maneira de manter a Escócia no mercado único.  De brazo dado do RU non haberá solucións norueguesas nen ofertas especiais.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off