off
Cedeira, Ecoloxía — 18 Xaneiro, 2017 at 8:04 a.m.

Recicla con Apader

by

A cámara municipal de Cedeira convida á veciñanza a colaborar na campaña “Recicla con Apader” que o Centro de Atención de Persoas con Discapacidade Psíquica, ten como obxectivo o despezado de ordenadores para evitar danos no medio ambiente ao tempo que se garante a reutilización de algúns dos seus compoñentes, unha actividade ocupacional que, á marxe do beneficio económico, permite ás persoas desenvolver unha actividade laboral  baseada na sustentabilidade e que permite alargar a reciclaxe de materiais.

O Concello de Cedeira anima a todos os veciños e veciñas a colaborar na iniciativa entregando os equipos informáticos en desuso no local no que fan labores de encadernación ou ben contactando con calquera concelleiro ou concelleira do goberno local para que o faga chegar alí.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off