off
Ecoloxía, Galiza, Natureza — 17 Xaneiro, 2017 at 5:14 p.m.

Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016

by

A 16ª edición dos premios cos que Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucaliptización, moi presentes no fallo deste ano.Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 28 de xaneiro a partires das 14:30h no Restaurante A Marola e A Coruña.


Premios Osíxeno 2016 ás millores actitudes ou actuacións ambientais do ano

Nesta xeira, o premio OSÍXENO DE HONRA co que ADEGA quere recoñecer unha traxectoria persoal de defensa e compromiso cos valores que defende a nosa entidade é para o Prof. Francisco Díaz-Fierros Viqueira catedrático emérito da USC. O seu labor tando de investigación no eido da edafoloxía e máis recemtemente sobre o cambio climático en Galiza, como os seus esforzos pola divulgación da ciencia en galego e a súa perspectiva ecoloxista, son motivos abondo para este recoñecemento.

-Premio OSÍXENO 2016, categoría individual: Patricia Gabeiras Vázquez, advogada do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol, polo seu traballo en defensa da ría e contra as ilegalidades de REGANOSA. Froito deste traballo son as sentenzas do Supremo que anulan a autorización da planta e o proxecto de construción.

-Premio OSÍXENO 2016, categoría colectivo: para As Ribeiregas, marca da Cooperativa Ribeira do Navia (Negueira de Muñiz) iniciativa desenvolvida por mulleres rurais que vai máis alá da alimentación natural e visa a recuperación e a posta en valor de terras abandonadas.

Premios Dioxina 2016 ás accións máis nefastas para o ambiente

-Premio DIOXINA 2016, categoría individual:  a Alberto Platas Álvarez, alcalde de Aranga (A Coruña) pola súa intención de desprotexer o 9% do seu territorio, con importantes valores naturais, para adicalo á plantación de eucaliptos.

-Premio DIOXINA 2016, categoría colectivo: Para os responsábeis políticos da Consellaría de Medio Rural, pola súa total entrega ao lobby do eucalipto e o seu desleixo no cumprimento da lexislación, que como a Lei de Montes, aínda establece algún límite á estensión desta praga.

 

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off