off
Cedeira, Medio ambiente, Movementos sociais, Política local — 16 Xaneiro, 2017 at 17:43

ADEGA e SomosCedeira deixarán de participar na Plataforma en defensa da Ría de Cedeira

por

Despois duns meses da creación deste colectivo a asociación ecoloxista ADEGA e o colectivo cidadá Somos Cedeira, deixarán de participar por entender que se desvía dos obxectivos para os que foi constituída


Segundo comunicado desta tarde,  ADEGA expón que fronte o soterramento indiscriminado das praias galegas, foi sempre claro: pescudar nas causas da desaparición de area e atallalas. Sempre se manifestou en contra do soterramento indiscriminado polo custosa que é esa medida e polas graves consecuencias mediambientais que estas intervencións teñen. Por esas razóns impulsou de brazo dado de SomosCedeira a creación da plataforma en defensa da Ría de Cedeira, porque era un paso necesario para acadar unha xestión máis ecolóxica do entorno da praia e da ría de Cedeira.

Madalena_noiro_20170113-WA0004

Estado da duna o 13 de xaneiro de 2017

O leitmotiv da constitución desta plataforma foi o de esixir que se realizase un estudo de impacto ambiental antes de acometer custosas intervencións, para poder coñecer a efectividade das intervencións e o impacto que producen sobre a reserva mariña. Así o entenden ADEGA e SomosCedeira que veñen reclamando este estudo dende o ano 2014, no que despois dunha serie de fortes temporais se deitou area en moitas praias galegas.

Esta demanda cidadá, que a Demarcación de Costas teima en non realizar, leva vixente polo menos dende o ano 2001, como testemuña o diario de sesións do Senado no que se recolle unha pregunta do BNG sobre as obras de dragado que se realizaron nese ano. O 15 de decembro de 2001  (Boletín Oficial de las Cortes Generales, 26 de xaneiro de 2001, Núm. 125, 184/4725) o Ministerio de Medio Ambiente xa alega ter coñecemento da situación, mesmo afirma ter realizado un seguimento nos últimos anos (sic.) e avanza diversas causas malia non ter evidencia científica para cabar afirmando a taxativa de que “todas estas causas necesitan un estudo en profundidade para determinar a súa influencia”. 

Incumprimento

As respostas do goberno de España abondan nesa necesidade: “Se iniciará el estudio para cuantificar las causas del deterioro y evaluar posibles soluciones cuando concluya la obra que se está realizando”(184/007146).Todas estas causas necesitan un estudo en profundidade para determinar a súa influencia. Por todo o exposto, que está considerando a realización de acciónss de emerxencia, a fin de refacer o perfil de equilíbrio da praia, encanto os procesos son iniciados para realizar un estudo para cuantificar as causas de deterioración e avaliar potenciais solucións”( Madrid, 15 de decembro de 2000). E parece considerar que o estudo forma parte do orzamentado:”o orzamento desta actuación é de 73 millóns de pesetas aproximadamente, sendo o seu prazao de execución de cinco meses, comezando o pasado mes de xaneiro cos traballos previos[…] Encetarase o estudo para cuantificar as causas da deterioración e avaliar posibeis solucións cando remate a obra que se está a realizar”, afírmase na resposta 184/007146 do goberno español a Francisco Rodríguez  (GMx) sobre medidas para solucionar o deterio da praia da Madalena de Cedeira (núm. rex. 25124) 133 (a pregunta de referencia foi publicada no«BOCG. Congreso dos Deputados» serie D, núm. 128, de 8 de febreiro de 2001.).Porén, o estudo prometido polo goberno español nunca foi realizado.  Na altura, Francisco Rodriguez preguntaballe ao goberno español en qué consistiría a actuación de emerxencia, que parte dos 80 millóns que foran aprobados finalmente polo  Consello de Ministros correspondía a esta actuación de emerxencia na Madalena, baixo que control e que prazo de tempo previsto para realizar o estudo en profundidade das causas e avaliación de posibeis solucións. O deputado galego mesmo lle preguntaba ao goberno se tiña pensado informar ao Concello de Cedeira sobre a marcha deste estudo e coordinarse con el para avaliar posibles solucións. Van aló 16 anos.Madalena_noiro_20170113-WA0001

O último acordo da Plataforma de propoñer o retranqueo da praia, sen ningún tipo de estudo previo, alónxase desa idea coa que se constituíu a plataforma e que a cidadanía de Cedeira leva 16 anos reivindicando. Se realmente esta plataforma vai propoñer intervencións na praia sen o correspondente Estudo de Impacto Ambiental (EIA), non ten sentido que ADEGA e SomosCedeira sigan participando nela, posto que vai en contra dos valores que defenden: que se faga o estudo de impacto ambiental e  e que se faga un proxecto construtivo que deixe abertas as alternativas para ser propostas, e consensuadas.  Ambos e dous alicerzan na fulla de ruta trazada hai  case un ano por SomosCedeira-Adega. Nada novo,  todos eles ao abeiro do habitual procedemento administrativo de avaliación ambiental:

•  Reunións previas da Mesa da Ría
•  Elaboración do Documento de Inicio (estudo xeral con participación do Cedex,etc)
•  Período de información e participación pública non inferior a tres meses
•  Redacción do proxecto ou proxectos construtivos
•   Redacción do Estudo de Impacto Ambiental
•   Execución do proxecto baixo as directrices da Declaración de Impacto Ambiental, tanto na fase de obra como no seguemento posterior.

Por estas razóns, ADEGA-Ferrolterra e SomosCedeira acordaron que deixarán de participar nesta plataforma, de non existir un cambio na liña que mantén.

 

 

Ao mellor tamén che interesa


 

Somos Cedeira e ADEGA piden apoio para salvar a praia de Cedeira

Somos Cedeira e ADEGA exixen constancia escrita do compromiso de Costas coa avaliación ambiental da Madalena

A Plataforma en Defensa da Ría constitue a xestora e determina as primeiras medidas

Crónica dun encontro na primeira fase

Cedeirenses e visitantes saen á rúa para defender a calidade a auga do rio e da ria de Cedeira

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: