off
Cedeira, Desporto Cedeirense, Saúde — 13 Xaneiro, 2017 at 8:03 a.m.

Campaña do club de futbol de Cedeira para axudar a un neno con sindrome de Hunter

by

Cedeira solidarízase con todos os nenos que padecen a Sindrome de Hunter, con todos os Adris do mundo


[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira tamén anunciou a seu apoio á campaña  En Cedeira o Fútbol con Adri!,  o lema escollido pola entidade deportiva para axudar a un neno que padece unha rara  doenza.

A iniciativa partiu do Cedeira Sociedade Deportiva, de aí que as persoas que desexen colaborar teñan que achegarse ata a cantina do club para facer os seus donativos. A campaña comeza esta fin de semana.  Adri naceu en 2014 e o ano pasado foi diagnosticado como afectado pola Síndrome de Hunter, ou mucopolissacaridose II,  unha doenza infrecuente. A súa incidencia estimada varía dun caso para cada 49.000 a 526.000 homes nados, e en Europa nun caso para cada 72.000 a 77.000 recén nados homes.

Coa fin de contribuír á investigación que achar un tratamento que faga reservible a situación que agora viven Adri e a súa familia, o Concello de Cedeira súmase a iniciativa e colabora coa edición duns cartazes que xa se están a repartir por todo o municipio.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off