off
Galiza, Ortegal, Política — 11 Xaneiro, 2017 at 9:18 a.m.

Os alcades de Ferrolterra, Ortegal e a Mariña denuncian os incumprimentos da Xunta na Vía de Altas Prestacións da Costa

by

No comunicado os alcaldes exixen unha xuntanza coa comisión que designen co obxectivo de desbloquear a construción desta vía no prazo máis breve posibel. 


[Pingota Comunicación] No mesmo día no que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, inaugura o tramo de 7,9 quilómetros entre Area e Baltrán, de San Cibrao a Celeiro, alcaldes das comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña, en representación dos nosos veciños e veciñas afectados pola inexecución e o continuo incumprimento de promesas adiadas na construción da chamada Vía de Altas Prestacións da Costa (VAC), para a tan necesaria vertebración dos territorios historicamente illados do norte das provincias da Coruña e Lugo, queremos manifestar o seguinte:

-Os alcaldes das comarcas de Ferrol e Ortegal, que non fomos convidados a esta inauguración oficial, consideramos que pouco hai que publicitar e promocionar xa que o tramo que hoxe se abre acumula un atraso de tres anos e medio e foi licitado no mandato 2005-2009.

-A construción deste vial, polo que levamos unha década agardando, non avanza pola falla de compromiso do Goberno galego, que deixa os anuncios en palabras baleiras de contido xa que non expropiou nin un só metro cadrado dos comprometidos para avanzar na execución do seguinte tramo. A inacción do equipo de Núñez Feijóo ten o seu claro reflexo nos orzamentos autonómicos que, un ano máis, non inclúen mais que partidas pouco mais que testimoniais para este viario ao marxe dos 2,7 millóns consignados para a circunvalación de Viveiro.

-Consideramos que é unha falla obsoluta de respecto e un agravio para os veciños aos que representamos, que se nos exclúa- non da inauguración- pero si da convocatoria da Mesa de Seguimento da VAC que fora comprometida pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, unha xuntanda mantida no Concello de Cariño no mes de abril nun intento que nós mesmo fixemos a fin de impulsar a construción da VAC. -Ningún dos compromisos adquiridos nesa xuntanza, o día de hoxe, foi materializado, no que entendemos que é un desprezo institucional á palabra dada e os veciños e veciñas aos que representamos e que demandan esta vía de comunicación necesaria para vertebrar o norte das dúas provincias favorecendo o seu desenvolvemento soioeconómico.

Os alcaldes asinantes reclamamos do presidente galego que fixe con urxencia unha xuntanza coa comisión que designemos a fin de desbloquear a construción desta vía no prazo máis breve posible.


Ao mellor tamén che interesa:

O goberno municipal de Cedeira chama a todas as formacións políticas a reivindicar a mellora da estrada 566

De estradas e variantes

A estrada Ferrol-Cedeira na gaveta. O Parque-Pista, no caixón

Somos Cedeira esixe un trazado novo para a estrada Ferrol-Cedeira

O BNG impulsa unha campaña por unha AP-9 “galega, pública e sen peaxes”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off