off
Economía, Galiza — 11 Xaneiro, 2017 at 8:21 a.m.

O Tribunal de Contas revela a arbitraria venda de Novacaixagalicia

by

novacaixagaliciaÉ o que se deriva do informe que o Tribunal de Contas publicou onte cos dados de 31 decembro de 2015. O custo total do resgate do sector financieiro, os cartos públicos perdidos, acadou  os   60.718 milions de euros. Así, segundo cálculos do Tribunal de Contas, o resgate de Bankia acabou por sairlle máis barato que CatalunyaCaixa, nun ranquing  no que aparece con 12.676 millóns, seguida de Bankia (12.346 millóns) e de CAM (11.064 millóns). O resgate de Novacaixagalicia  foi de 9.159 millóns  e o do Banc de València de 6.142 millóns.

A cifra de cartos comprometidos polo Estado para salvar bancos, si fai parte da cifra as garantias e gastos asociados, os recursos empeñados son  122.000 millónns de euros, dos que  a metade (60.700 millóns), segundo o Tribunal de contas, perdéronse e non se recuperarán. E todo, seica, para frear o temido efecto dominó (a desconfianza dos clientes e retirada masiva de fondos, as relacións de desconfianza entre bancos que afecta á solvencia,etc).

Que o resgate de Bankia fose máis barato que o de CatalunyaCaixa débese ao feito de  BFA-Bankia ainda ser propiedade do Estado e este pode recuperar ainda unha parte do custo do resgate. CatalunyaCaixa  ou Novacaixagalicia ( resultado da fusión de Caixa Galicia e Caixanova) foran vendidas en subastación. Porén, Novacaixagalicia foi ofrecida en poxa polo FROB  ao banco venezolano Banesco por 1.003 millóns (que xa mercara o galego Banco Etcheverría en decembro de 2012). CatalunyaCaixa nunha poxa de 2014 na que o BBVA pagou  1.187 millóns.   Bankia continua en mans do Estado e ten un valor aproximado de 10.000 millóns  a prezo de mercado, o que rebaixa moito a factura do resgate.

Estes dias o previsibel resgate en Italia Monte dei Paschi di Siena, unha operación calculada en perto de 6.600 millóns de cartos públicos  fica moi lonxe das cifras que se precisaron España (só a fusión de entidades con sede en Madrid precisaron  22.500 millóns).

O informe do Tribunal de Contas conclui que o Estado actuou de xeito arbitrario na meirande parte das vendas de entidades incorrendo en notábeis deficiencias entre 2009 e 2015. Vén afirmar que o Estado non tiña un procedimento que fixara “unas normas básicas  a aplicara na venda de cada entidade de crédito” o que derivou en arbitrariedade manifesta á hora de decidir que axudas se outorgaban aos compradores. O Tribunal de Contas tamén fai responsabel ao  FROB de ter contractada unha liña de crédito de 3.000 millóns que non utilizou  utilitzar e que acabou cun sobrecusto de 33 millóns.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off