off
Cedeira, Ciencia, Natureza — 22 Decembro, 2016 at 09:14

Beneziphius cetariensis, nova especie de cetáceo achado no mar de Ortegal

por Redacción

O exemplar foi recuperado a  500 metros de profundidade na área de pesca A Selva, ao norte de Cabo Ortegal, e conservado durante anos polos  cedeirenses Xerardo González e Carmen Rodríguez


Ismael Miján, da  Sociedade Galega de Historia Natural, Stephen Louwye da  Research Unit Palaeontology, Department Geology and Soil Science da Universidade de Gante e Olivier Lambert do Institut royal des Sciences naturelles de Belxica veñen de dar a coñecer a nova especie logo do achado. Trátase dunha nova especie que foi batizada co nome de Beneziphius cetariensis (de Cetaria, suposto nome latino da vila de Cedeira). Seica o litoral norte galego  é rico nestes achados. Porén , o único exemplar  desta nova especie de cetáceo  achado até o de agora  vén de ser descrito   A new Beneziphius beaked whale from the ocean floor off Galicia, Spain and biostratigraphic reassessment of the type species. Acta Palaeontologica Polonica 62 (X),2017. Miján e  Lambert xa publicaran en 2013 o descubrimento na península ibérica de catro novas especies , ao que se foron engadindo outros traballos sobre histoloxía e mineraloxía.

mijan-et-al-new-species-of-the-beneziphius-beaked-whale

Imaxe tirada de Miján, I., Louwye, S., e Lambert, O. (2017). A new Beneziphius beaked whale from the ocean floor off Galicia, Spain and biostratigraphic reassessment of the type species. Acta Palaeontologica Polonica 62 (X): xxx–xxx.

A dos zifíidos é unha familia de mamíferos cetáceos tamén chamados baleas-bicudas, zífios, baleias-nariz-de-garrafa e baleas-de-bico, por posuíren un fociño pronunciado (beaked whales) cuxo rexistro fósil, afírmase no artigo, está continuamente a mellorar.  De feito, a familia ziphiidae, con máis que 22, é a segunda máis diversa entre os cetáceos.  Con todo, difire desde o último no seu tamaño máis grande, con rosto proporcionalmente máis longo. O atopado agora é de tamaño máis grande que o brevirostris e vén confirmar a amplicación da distribución bioxeográfica do Beneziphius. Estratigraficamente calibrado relacións filogenéticas dentro do -tronco ziphiid “Messapicetus clade” (círculo). O Beneziphius é o máis antigo membro do grupo descrito (o tronco ziphiid “Messapicetus clade”).

Esta diferencia de tamaño, xunto cos premaxilares anteriores máis longos do que o maxilar, a  fosa do saco premaxilar esquerdo, transversalmente cóncava,  a fossa posterodorsal e o proceso ascendente da premaxila, lixeiramente sobre o nariz óseo, son atributos de abondo segundo os autores do estudo para permitir a descrición da nova especie.  Como noutros odontocetos existentes e extintos, a diferenza no comprimento do rostro pode ser tentativamente correlacionada a un grau de especialización para a alimentación por succión.

Ainda que maioría de exemplares achados están no espazo da SGHN en Ferrol, cunha importante colección de fósiles cetáceos, para alén das coleccións particulares, o CEMMA é o depositario (o propietario é  Xunta de Galicia ) xa que se trata de especies protexidas.

1 Comentario

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: