off
Galiza, Ortegal, Pesca — 21 Decembro, 2016 at 13:06

O inverno comeza con altas presións e moita humidade

por Redacción

Hoxe, ás 11:45 de mañá, comezou o solsticio. Para o Natal agárdase, segundo o Meteogalicia, unha situación moi semellante á de xornadas anteriores, con altas presións sobre Galiza, ainda que con vento do suroeste que seguirá fornecendo moita humidade. A situación de tempo seco alargarase con alta probabilidade ao domingo e aos primeiros días da vindeira semana.

Para mañá non se agardan cambios significativos,  con Galiza nunha situación intermedia que achegará ar moi húmido procedente do Atlántico. Así, haberá ceos  cubertos durante toda a xornada, con choivas febles máis probables durante a tarde. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con algún intervalo moderado no extremo norte.

As altas presións continuarán un día máis estacionarias sobre os Azores, mas a presenza de profundas borrascas entre Irlanda e Islandia aportarán aire húmido. Deste xeito o ceo se presentará moi anuviado durante toda a xornada con posibilidade dalgún orballo illado e ocasional, máis probable no litoral e zonas altas do interior. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro descenso polo que continuaremos con moi escasa oscilación térmica. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, con intervalos de moderado no litoral de Lugo e norte da Coruña.

Así, durante a mañá do sábado, 24 de decembro de 2016, os ceos permanecerán cubertos, abríndose claros pola tarde en moitas comarcas do interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo do suroeste, con intervalos de moderado no litoral da Coruña.

A situación meteorolóxica da vindeira fin de semana virá marcada polas altas presións que se estenderán dende Azores ata a península Ibérica aportando estabilidade. Deste xeito o sábado aínda poderíamos ter en Ortegal e Ferrolterra restos de inestabilidade con nubes e algunha choiva feble nas primeiras horas, pero a medida que avance a xornada os ceos deberían quedar máis abertos.

 

Tags

1 Comentario

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: