off
Agro, Cedeira, Traballo — 21 Decembro, 2016 at 7:32 a.m.

O consumo responsabel a debate

by

Sustentabilidade, agroecoloxía e consumo responsabel foron os temas que a Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra  debateu onte no Auditorio de Cedeira 


foto-da-xornada_consumoresponsabel_ollaparo[Pingota Comunicación] O auditorio municipal de Cedeira acolleu onte a celebración dunha xormada sobre o consumo responsabel, sustentabilidade e agroecoloxía organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co apoio económico da Deputación da Coruña. O alcalde, Pablo Moreda Gil, foi o encargado de presentar o acto xunto co deputado provincial e alcalde de Ortigueira, Juan Penabade Muras. Na súa intervención, Moreda destacou que o obxecto das xornadas é explorar as posibilidades para a creación de emprego arredor das novas tendencias de consumo nas que se valora a orixe do produto, dende o punto de vista social e medioambiental, e non soamente o seu prezo ou calidade aparente. Lembrou que a promoción económica é unha das principais competencias da Mancomunidade e como exemplo deste traballo falou do Programa Integrado para o Emprego, cofinanciado pola Xunta de Galicia, no que participan persoas na procura de emprego dos concellos de Narón, Valdoviño e Cedeira. O fomento do cooperativismo, o uso das novas tecnoloxías para atopar un posto de traballo e o desenvolvemento turístico son outros desafíos que teñen en común os concellos das tres comarcas, segundo dixo o alcalde na inauguración do acto.

Medio cento de persoas -entre elas produtores, técnicos de emprego, e tamén un grupo de alumnos do IES Punta Candieira– asistiron a unha cita na que se falou da venda directa de produtos de explotacións agrarias, da certificación de produtos ecoloxicos e de como poñer en marcha unha explotación hortícola. Na xornada tamén están a participar o grupo de consumidores Fonte da Uz e experiencias empresariais como Pumido ao natural, Viveiros Las torres e Milhulloa. Pola tarde haberá una mesa de traballo para determinar medidas con vistas a impulsar proxectos dentro do sector primario na comarca.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off