off
Comunidades Galegas, Língua — 17 Decembro, 2016 at 07:32

O cedeirense Carlos Brandeiro, académico correspondente da Real Academia Galega

por
Carlos Brandeiro, primeiro pola esquerda nun acto das Letras Galegas en Buenos Aires

Carlos Brandeiro, primeiro pola esquerda,  nun acto das Letras Galegas en Buenos Aires

O Pleno da Real Academia Galega  vén de  aprobar o nomeamento de dous novos académicos correspondentes. O físico Jorge Mira Pérez e o filólogo cedeirense de nacencia (San Román de Montoxo, 1970) Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires Brandeiro ten desenvolvido na Arxentina e no Uruguai a súa carreira vital e profesional. Co seu nomeamento a RAB “procura fortalecer a súa rede de embaixadores no exterior cun referente entre as novas xeracións.”

É no Instituto Arxentino Galego  da Fundación Galicia-América onde Brandeiro exerce a docencia da lingua desde o ano 2002, onde se foran escolarizando centos de nenos e nenas “seguindo uns plans de estudos con fortes ligazóns con Galicia. É ademais coautor dun libro para a aprendizaxe da lingua galega e dirixe desde 2006 a revista cultural Gavieiro da nosa identidade, editada pola delegación arxentina da Fundación Galicia-América”

 

1 Comentario

  • Recoñecimento para o noso viciño Carlos, a quen dou os parabéns por estar a reabrir vieiros de galeguidade na Arxentina

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: