off
Cinema, Educação — 16 Decembro, 2016 at 8:44 a.m.

Curtametraxe de animación realizada na escola pública de Cea seleccionada no Festival de cinema de Zaragoza

by

Alumnos e alumnas da ESO da escola pública de Cea compiten no Festival de cinema de Zaragoza coa curtametraxe ‘Os xeranios do señor Alfonso‘ , filme que  viña de gañar un premio no Festival de Cine Internacional de Ourense e que foi seleccionado na sección “Certamen Encuentro Internacional Escolares” do festival zaragozano recoñecendo así o valor desta reflexión animada sobre o envellecimento e abandono do rural. Porque a curta seleccionada “trata  da comprensión, os coidados e o cariño” nun contexto de soidade e perda de referentes.

Para alén de traballos como a longametraxe documental  “Querida Gina” de  Susana Sotelo,   “Verengo” de Víctor Hugo Seoane que se mostraron na XXIX edición do Cineeuropa  ou, recuando no tempo, o  “Mamasución” de Chano Piñeiro, referente absoluto da nosa cinematografía, a despoboación da aldea (mesmo a súa destrución física), a soidade e o envellecimento das xúas xentes teñen sido temas recorrentes do cinema galego, quer en traballos escolares ou amadores, quer no ámbito profesional.

Hai tres anos estudantes da USC rodaban unha curta sobre o despoboamento botando man da técnica da iPhoneography (só con dispositivos móbiles). Porén, na altura tratábase dun grupo de estudantes de 3º de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Os xeranios do señor Alfonso é un traballo de animación  realizado por estudantes da ESO que reflicte a angueira e preocupación que está a xerar nos máis novos a despovoación do rural. A complexa problemática do despoboamento do rural galego, o desleixo e a falta de políticas sociais, culturais e económicas de noso orientadas a vertebrar o territorio.

Os Xeranios do Señor Alfonso

Director: David González Gómez

Guión: Alejandro Pico, Carlota Álvarez, Nieves Calviño, Paula Vázquez

Fotografía: David González Gómez

Edición: David González Gómez

Centro Formación: CPI Virxe da Saleta

Intérpretes: (Voces) Alexandre Pico, Xosé Ramón Rodríguez, Neves Calviño

Sinopse: Marco, un pícaro que mudou de pobo, non ten amigos cos que brincar e pasa as tardes na bici. Nun dos sus paseos coñece ao señor Alfonso, o derradeiro morador dunha pequena aldea con quen  estreita unha fonda amizade.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off