off
Cedeira, Televisión — 15 Decembro, 2016 at 8:20 a.m.

Golmar e Trasmonte xa teñen sinal de TDT

by

O Concello de Cedeira vén de millorar o sinal de TV coa instalación dun equipo reemisor na parroquia de Cervo.


golmar_trasmonte_tv_cedeiraOs veciños dos lugares de Golmar e Trasmonte, ambos os dous situados na parroquia de Cervo, tiñan problemas á hora de recibir moitas canles de televisión, o que ten levado ao Concello de Cedeira a investir máis de 8.000 euros euros no fornecimento e instalación dun equipo reemisor do sinal de TDT. A obra xa está feita e a dificultade resolta coa adquisición do correspondente equipamento á empresa Gallega de Sistemas y Comunicaciones por importe de 8.178,28 euros (IVE incluído).

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: