off
Cedeira, Mar e Pesca, Ortegal — 14 Decembro, 2016 at 1:14 p.m.

De Estaca de Bares a Cabo Prior, forza 7 ao final do día

by

Escenario adverso para a praia da Madalena. Altas presións de 1030 mb centradas ó sur de Azores e depresión de 970 mb ó sudoeste de Islandia. Meteogalicia alerta para  xoves dia 15 de decembro, de Estaca de Bares a Cabo Prior, forza 7 ao final do día. Forte marusía á mañá e media vaga á tarde e á noite e mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e á tarde e 4 a 6 metros á noite do xoves  acadando de  6 a 7 metros á mañá e á tarde e 5 a 6 metros á noite do venres.

En Cedeira teremos ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o mércores, o xoves e o venres. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesares de que oscilarán.

Marés vivas con preamar de 4 metros, mañá e vindeiros dias que con probabilidade malia non ser das máis duras, deixarán á vista a estacada de contención do noiro.   A partires do domingo  ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o mércores, o xoves e o venres. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesares de que oscilarán.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off