off
Ciencia — 12 Decembro, 2016 at 12:38

O derradeiro luar do ano tamén traerá superlúa

por Redacción

No lusco-fusco de mañá será o máis completo. Porén a súa plenitude chegará pouco despois da medianoite. Os dias 22 e 23  son mais unha ocasión para fitar os ceos: Xúpiter e a Lúa  ficarán moi perto. Para velos compre fitar de matinada entre o leste e o sul,  rubindo polo horizonte até o abrente facelos invisibles.

tvg_superlua_lugo

Captura de imaxe da CRTVG

Talvez non acade a redondeza da lúa de chea anterior, mais a de decembro tamén ha ser impresionante para os ollos. Porque volven a xunguirense o perixeo e lúa chea.  Non cunha marxe de dúas horas de diferencia, como aconteceu o mes de novembro, mas terán de pasar 24 horas. O perixeo é o ponto cíclico no que a Terra e a lúa están máis perto, porque a órbita da Lúa arredor do Sol non é totalmente circular.  Nesta xeira, a lúa estará a 358.400 quilómetros da Terra.

Ainda que no calendario aparece a cuarta-feira como o día de lúa chea, a tarde e lusco-fusco de plenitude da lúa será o dia 13. Quen  madrugue o mércores poderá gorentar co abrente da lúa que devalára polo oeste contra das  7 da mañá.

A superlúa do mes de Nadal será a derradeira do trio de plenilunios deste outono. Porén  o 2017  tamén será farturento de plenilunios xa que a final de ano, en decembro, e en xaneiro de 2018, volverán coincidir perixeo e lúa chea.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: