off
Educação, Estatísticas e enquisas, Galiza, Política — 6 Decembro, 2016 at 11:38 a.m.

España aproba o PISA porque a media da OCDE baixou

by

Galiza supera a media de España en matemáticas, lectura e ciencias. Porén, o goberno de Rajoy ignora que cando se realizaron as avaliacións do PISA, a LOMCE ainda non estaba implantada entre os estudantes de 15 anos.


As probas PISA son o referente mundial en educación que os gobernos e institucións empregan coma guieiro á hora de deseñar as súa políticas. Cada tres anos avalianse alumnos e alumnas de 15 anos de 72 paises e rexións. Na edicións de 2015 que vén de ser publicada hoxe avaliaronse  537.591 alumnos dos paises da OCDE. O Estado español e algúns medios, entre eles a interpretación realizada por La Voz de Galicia , achan un éxito manter o nivel nun contexto de crise sen teren en contan a baixada da media da OCDE  e os condicionantes sociais asociados ao rendemento dos alumnos.

A nivel estatal, o alumnado galego obtén rendementos superiores nos tres indicadores: matemáticas, comprensión lectora e ciencias.

O alumnado galego de 15 anos mellora cinco puntos en matemáticas a respeito do informe anterior, de 2012, sobe 10 puntos en lectura e mantense en ciencias.

Para o ministro español, Íñigo Méndez de Vigo, “Espanya racha a fenda educativa e aparece pola primeira vez na historia, no nivel dos paises mais avanzados do mundo”  Porén, en termos prácticos nada mudou a respeito do informe Pisa de 2012.

Se os alumnos de 15 anos do Estado aproban é por mor a que a media da OCDE baixou. A mostra máis significa é a de ciencias, as competencias máis avalidada nesta edición: España aparecía hai catro anos a cinco puntos  (496) da media (501), porén na edición publicada hoxe baixa até  tres puntos (493) e acada o aprobado grazas a que a mediana da  OCDE devalou  8, 493 puntos tamén.

Para o goberno de Mariano Rajoy estes indicadores demostran que,  no comezo  da negociación para o pacto educativo entre PP, PSOE e Ciudadanos que pase páxina á Lomce, “ o sistema educativo español  é un bo sistema”. Porén, cómpre termos en conta que no intre de facer as avaliacións do PISA, a LOMCE ainda non estaba implantada entre os estudantes de 15 anos.

Repetidores e insuficiencia lectora

Alén das cualificacións en matemáticas, a comprensión lectora e asciencias, PISA analisa, tamén, as disparidades de orixe e outros condicionantes sociais asociados ao rendemento dos alumnos. Asi, o informe volve a acher que as cifras de repetidores de España son “alaramentes”. Un de cada tres alumnos de 15 anos (31%) está a repetor, un dato que supsera até vinte percentuais a mediana europea  (85%) e que reduciu só tres puntos desde o ano 2012. Outro factor a salientar, pola cola, é a situación socioeconómica na casa. A OCDE artella un índice que apaña diferentes variables, como o nivel de estudos dos pais e nais: o estado español triplica a porcentaxe da UE de alumnos con pais de nivel educativo meio-baixo, a cantidade de libros que hai na casa, se teñen acceso a un computador ou a internet. España está neste índice de estatus socioeconómico (ISEC) só por riba de Romania, Brasil, México e  Turquia.Como é que aparece como un dos paises máis equitativos? Porque segundo o informe PISA, o panorama socioeconomico dos alumnos avaliados non aparece reflectivo nos resultados.

.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off