off
Economía, Editorial, Galiza, Política — 29 Novembro, 2016 at 10:37 a.m.

Quere Feijoó un concerto económico vasco para Galiza?

by

Nunha palestra no Cercle de Economía de Barcelona, o presidente da Xunta, Alberto Núñez  Feijóo abriu a porta a negociar un concerto vasco para Catalunya, avogando por unha maior descentralización do Estado das Autonomías.

Feijoó pasou de dicir en plena campaña que non se podía negociar con Cataluña “coa pistola do separatismo acima da mesa”,  a espetar agora que é inexplicabel que Cataluña non teña concerto económico como teñen vascos e navarros. Do que se deduce que tratándose do presidente de todos os galegos, non quererá menos para a Galiza que di representar .

Ou non será mais ben que Feijoó está a preparar, en chave española,  o terreo para a segunda edición do relato do “café para todos”, unha nova recentralización que non atenda as necesidades específicas e na que Galiza ficaría mais unha vez arrombada? O que hai uns anos poderia parcer unha crítica ás políticas de Rajoy, hogano non o é. O relato é necesario mais non é suficiente. Porén, ningunha proba ou acción encamiñada. Onde fica Galiza nesta nova reviravolta de Feijoó?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off