off
América, Movementos sociais, Politica internacional — 26 Novembro, 2016 at 9:36 a.m.

Fidel Castro, lider revolucionario cubano, morre aos 90 anos

by

O comandante de orixe galega derrubou Batista, estabeleceu un estado comunista e sobreviveu inúmeras tentativas de asasinato .O seu pasamento ao 90 anos encerra unha era para Cuba e a América Latina.Quizais tamén para o mundo: o fin da revolución como redención


Un Raul Castro emocionado anunciou a morte do lider cubano na televisión estatal.A media noite e vestido de uniforme militar nunha alocución déjà vu de pouco mais de un minuto de duración desde o seu despacho.

Con Castro desaparece a derradeira grande figura política do séxulo XX que simbolizou as loitas pola independencia, a emancipación e a vitoria sobre o seu inimigo histórico, a resistencia  á primeira potencia mundial os EUA.  

Nun intre de devalo e definitivo descreto do comunismo estalinista abrollaba unha revolución intempestiva e pouco convencional que se tornou ao pouco esperanza de grande parte da esquerda europea e latinoamericana.

 O icono revolucionário, un dos líderes mais coñecidos e mais controversos do mundo, sobreviveu inúmeras tentativas de asasinato e obituários prematuros dos EUA  mas no final morreu de morte morrida  na sexta-feira á noite, depois de sofrer una longa batalla coa doenza.

“Con fonda dor comparezo para informar ao noso pobo, aos amigos da nosa América e ao mundo que hoxe 25 de novembro do 2016, ás 10.29 horas da noite morreu o comandante en xefe da Revolución cubanda Fidel Castro Ruz”, afirmou  o presidente Castro, o irmán máis novo de Fidel, que o sucedeu hai dez anos cando os problemas de saúde afastárono do poder. Raul Castro explicou que Fidel será incinerado cumprindo as súa derradeira vontade e que hoxe sábado  informarase ” sobre a homenaxe póstuma” ao excomandante. “Até a vitoria, sempre!”, despediuse Raul.


 

Abertura e desxelo

Fidel  sobreviveu o suficiente para ver Raul negociar unha abertura co presidente dos EUA, Barack Obama, en decembro de 2014, cando Washington e a Havana anunciaran que irian restaurar os lazos diplomáticos pola primeira vez desde que foran cortados en 1961.

Depois de ter superado nove ocupantes da Casa Branca, cautelosamente abenzoo acordo histórico co seu inimigo ao longo da vida nunha carta publicada depois do silencio de un mes. O dexelo nas relacións foi coroado cando Obama visitou a illa no início deste ano.Castro non  encontrou Obama e dias depois escrebeu unh columna mordaz que condena as palabras do presidente dos EUA “revestidas de mel” e lembraou aos cubanos dos moitos esforzos americanos para derrubar e enfraquecer o governo comunista.

Dicisivo tamén na morte

Fidel Castro fala desde un balcón improvisado drapexado con bandeiras cubanas en Santa Clara, a camiño da entrada vitoriosa en Havana. Fotografia: Lee Lockwood / Coleción Life Images / Getty
Fidel Castro fala desde un balcón improvisado drapexado con bandeiras cubanas en Santa Clara, a camiño da entrada vitoriosa en Habana. Fotografia: Lee Lockwood / Coleción Life Images / Getty

O anúncio de sua morte foi saudado en liña por millares celebrando e condenando o “ditador cruel” e o seu rexime represivo. Porén, outros lamentaran a pasaxe de “un loitador do imperialismo dos EUA” e un “icono carismático”. En Miami, lar da maior diáspora dos expatriados cubanos, as persoas saíran ás ruas comemorando sua morte, cantando, danzando e acenando bandeiras cubanas. Contodo, hai cincoenta anos, un exército guerrilleiro de “barbudos” substituiu a ditadura corrupta de Fulgencio Batista polo goberno comunista que desafiou os EUA e transformou a illa nun referente das políticas igualitarias e nun crisol da guerra fria. Evitou unha invasión apoiada pola CIA na Baía de Cochinos en 1961, ben como moitas tentativas de asasinato. A súa alianza con Moscova axudou a desencadear a Crise de Míseis de Cuba en 1962, un confronto de 13 dias cos Estados Unidos que trouxo ao mundo o mais próximo que ten sido a guerra nuclear.

Nos EUA hai moito tempo que contaban coa morte morrida de Fidel como unha “solución biolóxica” ao comunismo no Caribe, mas, desde que sucedeu oficialmente seu irmán en 2008 , Raúl ten alicerzado a sua própria autoridade, supervisionando reformas económicas cautelosas, e acordando o proceso de restauración das relacións diplomáticas entre Cuba e os EUA no final de 2014, pondo fin a mais de cinco décadas de hostilidade. 

Legado e desencanto xeracional

Seu maior legado é a asistencia médica gratuita e a educación, que deran a Cuba algunhas das mellores estatísticas de desenvolvimento humano da rexión. Mas ele também é responsábel dos erros de  planexamento centralizado do goberno que se facia sentir no hipercontrol – xuntamente co embargo dos EUA –  que tén estrangulado as liberdades civís e a economia. O balanzo é cruel porque a mudanza por excelencia que é a revolución tivo no simbolo que el representou os atributos da inmobilidade cando todo mudaba ao seu redor. A política exterior cubana ten sido unha mestura de idealismo e pragmatismo e foi acadando adesións ou aliados incondicionais e con relacións normalizadas coa meirande parte de paises do mundo. Talvez o seu derradeiro éxito fose a superviviencia do modelo e o mantemento de certa cohesión social. O que non pode ser dito de fitarmos a insuficiente autonomía das persoas e grupos sociais,  a ausencia de mecanismos non clientelares de participación política e de prensa e o exilio de decenas de miles de cubanos. Para alén do embargo dos EUA, o castrismo non deu cun modelo de desenvolvemento sustentabel que funcione sen  axuda (antes da URSS, agora de Venezuela). A morte de Fidel chega nun intre de grande incerteza, con Venezuela a beira do colapso. Ás  incertezas pos-fidelistas cómpre engadirmos tamén o risco que supón Donald Trump coa promesa de revocar o herdo de Obama e voltar á Guerra Fría con Cuba. A curto prazo  Cuba atópase nunha encrucillada. Entanto nos paises do Sul non coñeceran nen desenvolvimento ecónomico, nen liberdade política nen cohesión social, Cuba ensaiou o dificil tránsito de desenvolverse económicamente priorizando a cohesión social sen liberdade política fronte a dominación dos EUA. Subestimou a a potencia e a penetración da megamáquina. A caída do muro de Berlin acordou a quen acreditando que ia camiño do paraiso acordou no inferno da sociedade de consumo. Sen entrarmos en detalles, a encrucillada de Cuba é a de Occidente e do resto do mundo, nen o desenvolvimento sen liberdade política e sen cohesión social ou o desenvolvimento económica e a cohesión social sen liberdade política son solucións.

Mas como mudar a acción se non se encamiña cara aquilo que merece ser mudado? O intento de levar a democracia onde o liberalismo impedira chegar, alentou o comunismo como única forma de goberno que promete a igualdade de todos os cidadáns e fai efectiva esa promesa mediante accións políticas directas como a abolición da propriedade privada. O problema presentouse cando malia instituir igualdade entre os cidadáns suprimironse dereitos liberais básicos como a libre expresión e o non submetimento á vontade xeral. Porén, o grande problema ao que fai  frente o  comunismo persite: como remediar a exclusión de dereitos. A morte de Fidel torna  pór sobre o tapete o espectro do comunismo -segundo a célebre afirmación do Manifiesto– xa que  fai fronte a un problema permanente e insolubel que non admite simplificacións.Entanto permaneza o problema tamén o fará o comunismo como alternativa latente e signo de esperanza.

O home que declarou “la história me absolverá” deixa un legado dividido. Os cubanos mais vellos que se lembran da brutalidade sob Batista tenden a enfatizar as realizacións da revolución. Os cubanos mais novos  son mais propensos a cuestionar a xerontocracia, a represión  e a perda de oportunidades. Mas mesmo eles se referen a Castro polo nome mais íntimo de Fidel. De avós a netos, a visión positiva dos logros da revolución foi esvaindo mas permanece o álibi igualitario nunha sociedade con un bo nivel de educación e sanidade que constrasta co aumento de prezos e a falta de productos básicos.

A loita pola soberanía dos cubanos escorou cando laminou as liberdades individuais enxergadas estas en termos liberais.

O modelo de sociedade igualitaria estivo lastrada polo paternismo estatal e o fracaso dunha economía supeditada á xerarquía política. Quizais a incerteza do porvir na rexión deberá alicerzarse no futuro inmediato nunha nova comprensión da xerarquía de valores que estabelece a democracia liberal e o comunismo (debole ou hermenéutico, na acepción de Vattimo), entre a significancia da igualdade e  da xustiza fronte á liberdade liberal abstracta, que sen anular o seu valor, o diferencia do comunismo forte.  Ao cabo, o modelo cubano (e alguns dos trazos desenvolvido en Venezuela) ben poideran ser unha referencia para as democracias emprazadas do mesmo que a democracia liberal o foi outrora para a idea de comunismo.

 

 

2 Comments

  1. Un dos grandes políticos do século XX. https://www.youtube.com/watch?v=NwTIfVG1i_g

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off