off
Poesía, Politica espanhola — 25 Novembro, 2016 at 10:16 a.m.

Morre Marcos Ana, o poeta condenado a 23 anos de prisión franquista

by

 23 anos pasou no cárcere  Fernando Macarro Castillo,  Marcos Ana – o pseudónimo co que asinaba en lembranza do seu pai Marcos e da súa nai Ana-  o poeta comunista represaliado polo franquismo  despois da Guerra Civil. Tiña 96 anos e foi un dos derradeiros supervivintes das prisións franquistas. Morreu sen “amnésia”, dicía: “os presos políticos foron os primeiros en aceptar a política de reconciliación nacional, porén, unha cousa é a amnistía, que era necesaria, e outra a amnesia”.


Após levantar o cadáver do seu pai entre o entullo da súa casa esnaquizada, alistou cos republicanos e cando rematou a guerra foi  capturado no porto de Alacant e internado no campo de concentración de Albatera. Evadiuse e conseguiu agocharse por un tempo en Madrid, mas foi novamente apreixado comezando así o seu percurso por cárceres españolas. De Conde de Toreno ao penal de Ocaña, onde ficou 307 dias incomunicado. Pasou  por Alcalá de Henares e o penal de Burgos, onde pasou 15 anos.  No 39 coñeceu aos poetas Rafael Alberti e Miguel Hernández, ao coincidir con eles na prisión de Conde de Toreno. Facía brincadeira co  “turismo carcerario” que lle tocou vivir, sendo condenado a morte duas veces e sofrer todo tipo de castigos. Contra 1954, aos 33 anos,  comezou a ler os clásicos e a escribir os primeiros versos asinando co pseudónimo  Marcos Ana.

Cando foi libertado, en 1961, exilou a Francia e  comezou unha camaña internacional contra a pressión política no estado español. Foi cando coñeceu a Neruda e Allende nas súas viaxes en defensa dos dereitos humanos. En Francia fundou o Centro de Información e Solidariedade con España, presidido por Picasso.  Após a amnistia do 76, voltou a España. Entre as súas obras cómpre pór de relevo‘Autobiografía’, ‘Mi mundo es un patio’ e  ‘Te llamo desde un muro’, escrias no cárcere. Xa en
2007 publicou ‘Decidme como es un árbol’, un libro de memorias prologado por José Saramago e cuxos dereitos adquiriu o cineastas Pedro Almodóvar. Marcos Ana afirmou na altura que escribiu as memorias cando enxergou que  “non tiña dereito a agochar  a súa vida, que era a vida de moitos, a da Xeración dos Vencidos” .

O ano pasado publicou ainda a que foi a súa derradeira obra, ‘Vale la pena luchar‘, na que encoraxaba a loitar por un mundo máis xusto 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off